InfraestruturasTransparencia

O PP lamenta que Méndez siga a lavarse as mans nas súas competencias na que xa é a ‘ponte verde’ sobre o Miño

By 16 Agosto, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide pide a alcaldesa, como máxima responsable da seguridade no municipio, que asuma as súas competencias e garanta que realicen as tarefas de mantemento e as inspeccións periódicas que o manual de conservación da ponte estipula para garantir a seguridade dos seus usuarios

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, preguntoulle hoxe a Lara Méndez se é consciente das súas competencias xa que nos tres anos que leva á fronte do Concello de Lugo “non temos constancia de que se realizase ningunha tarefa de mantemento na ponte branca” que cruza o río Miño.

Antonio Ameijide lamentou que agora esa ponte xa se coñeza como a ponte verde polo estado que presenta na actualidade por mor dunha “falta total de mantemento”, competencia que lle corresponde á alcaldesa. Por iso mesmo, o voceiro popular pregunta se é Lara Méndez a que non quere asumir as súas competencias ou se non quere vixiar que as cumpra quen as ten asumidas, por se delegou o mantemento desta infraestrutura noutra persoa.

O popular explica que esta infraestrutura, ao igual que sucede con moitas outras, precisa dunha serie de revisións e mantementos periódicos que, á vista do estado da ponte, “non se realizan”. Ameijide explica que a solución técnica pola que se optou para realizar esta dotación “é unha das máis custosas” desde o punto de vista de conservación e mantemento, xa que se trata dunha ponte metálica e atiratanda.

Unha infraestrutura que precisa dun mantemento ordinario da estrutura metálica e de formigón (pintura, limpeza, revisións…) ao que se engaden o custo de mantemento dos tirantes, as operacións de retensado ou os cambios de tirantes e incluso a revisión da tornillería e da tensión das unións atornilladas, entre outras intervencións.

Antonio Ameijide explica que hai un protocolo de colaboración entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Lugo, asinado por Magdalena Álvarez, que ocupaba a carteira de Fomento, e José López Orozco, alcalde de Lugo, para a transferencia de titularidade de varios tramos da rede estatal de estradas ao Concello de Lugo. Nese protocolo establécese que, entre outras cuestións, o Concello de Lugo terá que “como titular da nova ponte e das vías de acceso e conexión que se constrúan co proxecto da ponte sobre o Miño, asumirá a responsabilidade de conservación e explotación da nova ponte e devanditos viais desde o día da posta en servizo das obras”.

O popular asegura que con este protocolo se clarexa quen é o titular da ponte branca e quen ten as competencias sobre o mantemento desta dotación. Un mantemento que leva parello unha serie de revisións, que son de tres tipos: visuais, simples e principais.

As revisións visuais son anuais, as simples se realizan tralo primeiro ano de posta en servizo e logo cada tres anos, e as principais se realizan aos catro anos de posta en servizo e logo cada seis anos. Unhas medidas, so para a estrutura atirantada, encamiñadas ao correcto mantemento da ponte para garantir a seguridade de todos os seus usuarios, ás que se suman unha inspección simple, cada catro anos, e unha principal, cada dez anos, do resto da estrutura, nas que se revisarán o estado dos tornillos, soldaduras, tensións…, polo que o Grupo Popular preguntará ao equipo de goberno se está a realizar todas estas revisións e, en caso de realizarse, cantas se fixeron e pedirá acceso aos informes para coñecer o estado desta infraestrutura.

O popular recorda que hai un manual para a inspección e mantemento da ponte, documento que o Ministerio de Fomento entregou, no seu momento, no Concello, do que Ameijide ten unha copia e está disposto a entregar de novo á alcaldesa por se os socialistas o extraviaron.

 

Exemplos de inacción

Antonio Ameijide explica que a falta total de mantemento vese reflectida no día a día desta ponte xa que nos meses de chuvias as balsas de auga son frecuentes porque as drenaxes da ponte están cheas de lixo e ninguén as limpa.

O popular tamén explica que esta mesma mañá “comprobamos como hai un farol” que ameaza con caer porque ninguén o repara e incluso son frecuentes os incendios nas rotondas de acceso porque non se desbroza a maleza.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies