O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide pide que se corrixa “coa máxima urxencia o retraso de pago a proveedores” para modificar unha “mala praxis xa endémica no Concello de Lugo que no pasado exercicio supuxo un retraso medio do periodo de pago de 90,26 días”
O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide solicita ao goberno local a “corrixir coa máxima urxencia as demoras nos pagos a proveedores do Concello de Lugo que, segundo o informe de cierre de exercicio do pasado 2017, tardou en abonar as facturas unha media de 90,26 días”.
Ameijide acusa a Méndez de empeorar a situación económica do Concello afirmando que “é insulto á intelixencia dos lucenses que presuma de ser boa xestora cando remata o exercicio contable de 2017 debendo case 12M€ á 8.463 empresas e autónomos. O voceiro popular tamén explicou que a 31 de decembro os socialistas pagaron 3.058 facturas por un importe de 9.748.644,19€; deste lote o 72,92% abonáronse fóra do prazo de 50 días que estipula a lei e corresponden a 2.230 facturas que suman 5.822.765,59 €.
No informe de tesourería se deixa claro que o retraso en abonar facturas non é un problema de liquidez senón que é froito da mala xestión económica. Ameijide reclama aos socialistas que solucionen dunha vez por todas o problema das facturas eléctricas que é unha das advertencias que, de forma reiterada, se repite no informe dos técnicos xa que se acumulan facturas pendentes de verificar porque non se conforman, en tempo e forma, pola falta de persoal en diferentes servizos municipais”.
“A situación foi a peor” reflexionaba Ameijide quen subliñou que “a alcaldesa multiplicou, nos dous anos e medio que leva ao fronte do Concello, os contratos caducados, empeora o periodo medio de pago”. “A situación que vivimos é un lastre económico primeiro, para os proveedores e segundo, para os cidadáns que temos que asumir recargos como os 250.000€ en intereses que se tienen que abonar a conta dunha factura impagada a Urbaser”.