Medio Ambiente

O PP pide á alcaldesa que deixe de agochar o río e que promova un plan limpeza dos cauces e as beiras dos ríos Miño e Rato

By 8 Agosto, 2018No Comments

O Partido Popular insta ao goberno local a impulsar en colaboración coas administracións competentes a limpeza dos cauces e as beiras dos ríos dos parques periurbanos do Miño e o Rato.

A concelleira popular Ana López Pombo xunto co voceiro do PP Antonio Ameijide chequearon o estado no que se atopan estes cauces ao seu paso por Lugo e explicaron que “é lamentable que haxa  moitos tramos nos que a maleza impide ata ver o río Miño, incluso a escasos dous metros do seu leito a única paisaxe que observamos son as malas herbas”.

A edil reclama unha actuación inmediata para mellorar a imaxe destas zonas de ocio “este plan de limpeza debe facerse canto antes non só pola estética tamén porque temos que protexer a flora e fauna e evitar acumulacións de lixo ou de sedimentos que logo provocan desbordamentos destes ríos causando destrozos nos paseos”.

A popular insiste en que os socialistas tamén teñen pendente a adquisición  dos terreos situados na confluencia do Parque do Rato e o Paseo do Miño que presentan un estado selvático. “Xa transcorreu máis de tres anos do goberno de Lara Méndez e tampouco hai novidades”, concluíu.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies