O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide agradece á Xunta a achega de 157.538 € para contratar 25 persoas desempregadas no Concello de Lugo “que sufraga os 5 postos de socorristas no Miño e outras 20 prazas de perceptores da Risga”
O Partido Popular insta ao goberno local a tramitar “coa máxima celeridade posible” a autorización para recibir a subvención da Xunta de 15.000 € para contratar aos 5 socorristas que a administración autonómica financia para esta campaña de estival.
O voceiro popular Antonio Ameijide explicou que as administracións locais que se benefician deste programa para contratar a persoas desmpregadas teñen de prazo ata o 29 de xuño para efectuar os trámites necesarios. O popular lembrou que “en anos anteriores, por esperar ata o último día, se privou aos bañistas deste servizo” salientando como o ano pasado “todo o mes de xuño non houbo socorrista no Miño pola neglixencia dos socialistas que non foron quen de facer un trámite administrativo sinxelo en tempo e forma”.
O voceiro popular explicou que ademáis desta achega económica para os 5 socorristas, dende a Xunta de Galicia, tamén se concedeu outra liña de axuda para impulsar a contratación no Concello de Lugo de 20 postos de traballo de persoas que na actualidade son perceptores da Risga (Renda de Inclusión de Galicia), 142.538 €. A Xunta, neste caso, tamén financia a totalidade dos custos de contratación deste persoal (un encargado, tres oficiais e dezaseis peóns) durante 7 meses para prestar distintos servizos de interese municipal.
Ameijide destacou que ambos programas da Xunta supoñen, por un lado, unha oportunidade para a xeración de emprego e, polo outro, un aforro para as facendas locais grazas á subvención da Xunta. Ademais as contratacións efectuaranse en ámbitos que, previa solicitude, responden ás necesidades reais dos Concello”.