Urbanismo

O PP pide aos socialistas que recapaciten e asfalten a rúa Mestre Méndez na súa totalidade

By 14 Maio, 2018Maio 15th, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explicou que o goberno de Lara Méndez pensa deixar sen reasfaltar un treito da rúa Mestre Méndez no que hai cinco vivendas ao alegar que se trata dunha vía privada, a pesar de que o propio goberno local dotou a estes veciños dos servizos básicos de alumeado, saneamento e abastecemento, e de que no ano 2006 concederon unha licenza de primeira ocupación ao propietario dunha das vivendas agora afectadas algo que “entendemos” non poderían facer se non se considerase nese intre vía pública

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamentou a decisión tomada polo goberno local, que decidiu deixar sen asfaltar a metade da rúa Mestre Méndez, no barrio de Casás, polo que o voceiro popular pide aos socialistas que “recapaciten” e cambien a súa decisión.

Antonio Ameijide explicou que, dentro dun plan de reasfaltado de rúas do Concello de Lugo, a rúa Mestre Méndez pretenden asfaltala so nun treito. Os socialistas escudan o abandono a estes veciños en que é unha vía privada.

O popular non comprende como o goberno socialista de Lugo toma esta decisión e deixa sen asfaltar un treito “que non chega nin a 80 metros”. Ademais, Ameijide asegura que “é imposible entender” a escusa que da agora Lara Méndez e o seu equipo, ao dicir que é unha vía privada, xa que no treito que deixaron sen arranxar os veciños teñen “todos os servizos municipais” (alumeado público, saneamento e abastecemento), mesmo a un dos veciños se lle concedeu a licenza de obra e, no ano 2006, a licenza de primeira ocupación para unha das casas agora afectadas, algo que “entendemos” non poderían facer “se este treito non se considerase vía pública”.

Ameijide explica que nas vivendas afectadas “hai familias con nenos pequenos e persoas maiores” que notan o desgaste producido nos últimos anos no asfalto e, agora, “os socialistas non poden desentenderse destes cidadáns cando antes lles deron servizos públicos”. Ademais, o voceiro popular engade que “o custe de pavimentar o treito que queda sen asfaltar é totalmente asumible”.

Antonio Ameijide e Ángel Trabada reuníronse cos veciños afectados para tentar atopar algunha solución e así paliar os efectos da decisión dos socialistas, que o que pretenden facer é asfaltar so o primeiro treito desta rúa, unha decisión “sen sentido” xa que arranxaron o acceso ás vivendas, pero non queren asfaltar o treito que hai diante das mesmas, o que “é froito dun falta total de traballo, do descoñecemento da cidade e dunha toma de decisións por impulsos”.

Por iso, os populares presentaron un rogo á comisión de Infraestruturas para que o equipo de goberno adopte as medidas oportunas para que se amplíe o proxecto de obra e a rúa Mestre Méndez sexa pavimentada na súa totalidade, xa que o proxecto no que vai contratada esta obra inclúe varias rúas da zona e conta cun orzamento de 72.404,49€.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies