TráficoUrbanismo

O PP pide un proxecto máis ambicioso e global para ampliar o ámbito de actuación da peonalización de Quiroga Ballesteros

By 20 Novembro, 2017No Comments

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide propón que o tramo de Quiroga Ballesteros, na zona que linda coa traseira do Cuartel de San Fernando entre as rúa San Froilán e Bolaño Rivadeneira, se acondicione e urbanice como rúa peonil

O voceiro do Grupo Popular solicita que o goberno local amplíe o ámbito de actuación da peonalización de Quiroga Ballesteros e que, aproveitando a intervención prevista no primeiro tramo desta vía, se lle dé continuidade ata o final completando este tratamento peonil no treito que vai entre San Froilán e Bolano Rivadeneira. Os populares tamén solicitan gañar espazo para o peón no tramo da rúa Amor Meilán, entre Quiroga Ballesteros e Praza do Ferrol, onde arestora hai tráfico rodado.

Antonio Ameijide propón que se acondicione unha gran praza pública “urbanizando como plataforma única” a traseira do cuartel de San Fernando e suxire instalar neste espazo un parque infantil “esta dotación serviría como reclamo para revitalizar as rúas Amor Meilán e San Froilán” subliñando que esta dotación tamén beneficiaría ao Colexio que hai nas inmediacións. Ameijide explicou que dentro do casco histórico só hai dous parques infantis (Campo Castelo e O Cantiño) o que xustificaría este equipamento. O obxectivo é crear neste enclave unha zona de coexistencia na que “o peón gañe en comodidade e seguridade e á vez revitalizar o comercio e a vida da zona”.

O popular explicou que con esta intervención se avanzaría na peonalización de toda esta mazá cuxo perímetro xa é peonil “tanto pola rúa Nova, como pola rúa San Froilán quedando pendente de diagnóstico o ámbito de actuación no treito de Bolaño Rivadeneira dende Quiroga Ballesteros ata a Praza do Ferrol”.

Para os populares “esta proposta é perfectamente asumible” e suxiren que se aborde xa de forma inmediata para dar unha visión de conxunto e evitar os parches urbanísticos que caracterizan aos equipos socialistas”. “Estamos falando de gañar un novo espacio público e se queremos que sexa de calidade e non despilfarrar fondos públicos é necesario pensar de forma integral” reflexionou Ameijide.

“Antes de investir diñeiro neste entorno debemos saber que queremos ofrecer aos veciños e marcar,  de forma clara, con antelación, os percorridos peonis”. “Non se trata de sumar por sumar rúas peonís; neste punto a intervención que se precisa é moi clara e de sentido común; se peonalizamos o primeiro tramo de Quiroga Ballesteros o entramado que temos na actualidade nesta zona nos pide dárlle unha continuidade”. Estamos falando dun proxecto asumible dende o punto de vista económico como social xa que hai demanda veciñal e incluso escritos de residentes ao Concello que coinden con este plantexamento.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies