Os concelleiros populares consideran que esta intervención beneficiaría á circulación deste punto onde “a densidade do tráfico varía en función da hora do día xa que absorbe os vehículos do colexio que hai nas inmediacións, das instalacións deportivas e da Universidade así como dos que entran á Lugo dende a N-VI
O Grupo Popular presentou unha batería de propostas para mellorar a mobilidade na Ronda de Fingoi suxerindo a creación dunha rotonda na intersección desta vía con Alfonso X co obxecto de mellorar a fluidez do tráfico.
Neste punto, a intensidade de vehículos varía moito dependendo das horas de entrada e saída do centro escolar ou da afluencia de vehículos do Campus e das instalacións deportivas que hai na zona polo que en numerosas ocasións os sinais semafóricos ralentizan o paso de vehículos. Hai que ter en conta que Alfonso X ademais absorbe o tráfico que entra a Lugo dende a N-VI.
Ameijide subliñou que neste cruce hai espazo suficiente para instalar este sistema de distribución de tráfico e a solución que propoñemos é doada de implantar. O voceiro do PP indicou que esta é unha das propostas que o seu Grupo presentará en Comisión para potenciar a mobilidade desta zona así como a de dar continuidade ao único tramo de carril bici que discurre paralelo a esta vía.
Neste momento, os únicos 1.500 metros de carril-bici de Lugo, proxectados e construidos polo Partido Popular, sufren un deterioro importante. Ameijide detallou que “está despintada a sinalización horizontal, o mobiliario está deteriorado e faltan papeleiras. Asemesmo o pavimento nalgúns puntos levantado e roto, ademais os bordillos do carril bici están cubertos de malas herbas”.
O voceiro popular avanzou que o seu Grupo aposta por que se déa continuidade a este carril bici para abrir o casco urbano cara ao Miño “de feito a conexión natural sería a de amplialo cara ao Campus para que tamén dese un servizo aqueles que baixasen ao parque do Miño atravesando a pasarela que hai ao remate de Alfonso X”. Así llo trasladaron aos veciños cos que percorreron esta rúa e onde tamén reclamaron o repintado da sinalización horizontal nas zonas de estacionamento que hai no barrio así como a construcción dun paso peonil seguro na Avenida de Magoi á altura do número 114.
Nesta mesma zona está pendente de eliminar o tapón urbanístico da rúa Ramos Misioné e que o PP solicitou dentro do paquete de obras que a financiar cos remanentes do ano 2013. O voceiro popular Antonio Ameijide criticou “o pasotismo do concelleiro socialista que, malia ter o proxecto e o orzamento necesario para executar esta intervención, o único que fixo foi asfaltar a vía, deixando esta barreira permanente nunha rúa con bastante tránsito xa que hai un centro infantil nela”.