O voceiro popular Antonio Ameijide da este paso despois de que a alcaldesa recoñecese en pleno “que incumpriu, a sabendas, o acordo que suprimía este posto político e confirmou que designou a este cargo, que cobra máis de 5.000 €/mes, sen ningún tipo de procedemento selectivo, sen publicidade e, sen permitir a concurrencia de máis aspirantes”
O Partido Popular vén de presentar un recurso de reposición por vía administrativa contra a decisión da alcaldesa de nomear “sen ningún tipo de publicidade e concurrencia ao último Director de Recursos Humanos”. Antonio Ameijide explicou que con este trámite queren pór de manifesto que “esta dirección xeral é innecesaria e ilegal” insistindo en que a alcaldesa “podería estar incurrindo nunha presunta prevaricación e malversación de fondos públicos ao tomar esta decisión”.
“O recurso de reposición que debe resolver a Xunta de Goberno local é un paso previo a emprender accións xudiciais se así se estimase oportuno e fose necesario”, aclarou Ameijide.
O Grupo Popular, dende o minuto un, puxo no punto de mira este cargo denunciando “o oscurantismo do nomeamento deste posto político” e asegurando “que se fixo unha praza a medida que nos custa 5.000 euros ao mes aos lucenses”. “Levamos gastado 120.000 € pola dirección xeral e ata o de agora só serviron para pagar a amigos da alcaldesa”.
Ameijide dixo que as explicacións de onte do pleno confirmaron que “o PSOE fai unha lectura inapropiada e sesgada” acerca do proceso que non contempla todas as normativas complementarias. A alcaldesa esgrimía unha lei que non era a adecuada, de feito os Tribunais Superiores de Xustiza emplega outras normativas que Lara Méndez despreza.
O voceiro popular apuntaba que existen precedentes noutros concellos de España (Granada e Las Palmas) nos que se anulan os nomeamentos dos seus respectivos Directores Xerais porque o proceso selectivo que se utilizou para cubrir os postos non xustificaban adecuadamente eximir a necesidade de ser funcionario. “O Concello de Lugo non só non se xustifica adecuadamente que non sexa funcionario, senon que directamente non houbo ningún proceso de selección, publicidade e concurrencia para cobrir o posto, o que fixeron foi a cacicada de coller a unha persoa afín directamente” reflexionou.
Horas extraordinarias
O voceiro do Grupo Popular desvelou que no que vai de ano se pasaron no Concello de Lugo un total de 9.602 horas extraordinarias que supoñen un importe duns 135.091,40€”. O Partido Popular indicou que o descontrol chega a tal punto que existen informes negativos que bloquean os pagos dos servizos prestados de forma extraordinaria neste 2018, e a maiores a inmensa maioría do último trimestre están sen aboar. “Esta situación reforza que estamos diante dun goberno moroso que nin paga a proveedores, ni paga aos funcionarios” subliñou.
Ameijide resumiu a situación de personal que se vive en Lugo é froito da mala planificación dos recursos humanos do Concello, que non se executa a oferta de emprego público e o desmantelamento sistemático de servizos.
Ao fío da prestación de servizos extraordinarios Antonio Ameijide tamén valorou a sentenza que vén de anular a modificación e maila contía dos importes das horas extras municipais e que “supón un varapau máis á política de persoal do PSOE xa que a suba foi plantexada pola anterior Directora Xeral de Recursos Humanos.