Turismo

O PP propón a creación dun Catálogo de Comercios Emblemáticos no casco histórico

By 12 Marzo, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide e a concelleira Encarna Amigo recriminan á alcaldesa “que co seu pasotismo condene ao centro de Lugo a un futuro incerto onde cada vez hai máis abandono de negocios e máis despoblación” explicando que, en 2014, os censados no recinto amurallado non pasaban dos 2.900

O voceiro do Partido Popular Antonio Ameijide e a concelleira Encarna Amigo criticaron “a despreocupación e o bloqueo  dos sucesivos gobernos socialistas de Lugo que condenan, co seu inmobilismo, ao casco histórico a un futuro incerto”.

Antonio Ameijide debuxaba un escenario marcado por tres eixos que debilitan a súa recuperación e que son “unha errada política de mobilidade (dificultades de aparcar, parálisis do Plan de Tráfico do casco histórico, non se amplian zonas de carga e descarga e un transporte público que non da servizo adecuado); unha política urbanística ineficaz e desactualizada  (Pepri obsoleto sen revisar, retrasos e trabas en concesión de licencias para rehabilitar no recinto amurallado) e, en terceiro lugar, unha política de apoio ao pequeno comercio inexistente”. O voceiro popular tamén recriminou “a falta de altura de miras dos socialistas,  incapaces de desenvolver as negociacións ou convenios para a dotación de de fibra óptica no centro, un servizo imprescindible para atraer aos emprendedores ao casco histórico e para manter o tecido empresarial e residencial que hai”.

Con respecto á lentitude no retraso de licencias Ameijide puntualizou que “non é de recibo o trato que lles dá o Goberno socialista a particulares e administracións”. O voceiro popular poñía dous exemplos que evidencian o bloqueo do Concello “trátase de dúas peticións para a reestructuación dun edificio para uso hoteleiro  e outra para reformar unha pensión que tardaron, respectivamente, 938 e 483 días, en resolverse. No caso da Xunta de Galicia, salientou, hai na actualidade dúas peticións de licenzas pendentes de resolver para Tinería 15 e Recanto do Miño 13, e que se cursaron en xaneiro de 2017 e en novembro de 2016, respectivamente.

O voceiro dos populares lembrou que, no marco desas tres liñas, xa se presentaron innumerables propostas para revertir a situación “dende a necesidade de actualizar o PEPRI; a axilización da concesión de licencias ou ben a creación dunha Guía de Intervención para o Casco Histórico co obxecto de mellorar a estética e a habitabilidade dos espazos públicos para poñer en valor o patrimonio evitando, así, actuacións que distorsionen e poñan en valor o noso patrimonio”.

“En Lugo temos un problema grave e non parece que haxa intención de revertir a situación. Estamos falando dun casco histórico despoado e moi envellecido” explicou o voceiro popular. Antonio Ameijide matizou que, segundo os datos do padrón,  a 1 de abril de 2014, só están residindo no centro 2.930 persoas e destes lucenses 799 tiñan 65 ou máis anos.

“Dende o Partido Popular queremos dar un paso máis en aras a evitar que o recinto amurallado continúe en caída libre e, nese senso, poñemos o punto de mira  no continuo peche dos negocios tradicionais no centro da cidade”.

Encarna Amigo propón adoptar medidas para frenar esta situación xa que entendemos “que estes negocios singulares son un atractivo máis que forman parte da historia de Lugo e, como tal, debemos protexelos e poñelos en valor”. Estamos falando de negocios que fan cidade ben pola súa antiguidade, ben porque desenvolvan unha actividade singular ou ben que conteñan elementos patrimoniais protexidos”.

“Por iso propoñemos un Plan de Protección e Potenciación de Calidade Urbana que incluya la creación de un catálogo no que se clasifiquen os comercios segundo as súas características establecendo o grao de protección do espazo que ocupan co ánimo non só de preservar a súa estética e tamén a súa continuidade”.

Amigo explicou que ainda que o PEPRI xa contempla a protección de elementos exteriores das fachadas, onde están ubicados algúns dos comercios máis emblemáticos que existen na cidade, non figura, na maioría das fichas, a necesidade de conservar elementos interiores en caso de peche do negocio.

Os populares entenden que podería haber casos onde sería interesante manter elementos como mostrador, estanterías ou instrumental. “A idea é que os comercios ou negocios  emblemáticos deste catálogo sexan tamén un reclamo turístico de Lugo ao igual que se fai noutras cidades”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies