EconomíaMedio AmbienteTurismo

O PP propón vincular a gastronomía de Lugo como reclamo do Camiño Primitivo

By 25 Maio, 2018Sin comentarios

Os populares inician unha rolda de contacto con diferentes sectores ligados ao Camiño Primitivo para presentar medidas que impulsen esta ruta poñendo un prazo límite, para súa posta en marcha, que coincide co xacobeo do ano 2021

O voceiro do Grupo Municipal, Antonio Ameijide xunto co concelleiro de turismo Ángel Trabada así como o Presidente local do PP, Ramón Carballo mantiveron un encontro con responsables de albergues, hoteles e establecementos de hostelería ligados ao Camiño Primitivo.

Os populares  apostan “por impulsar a cociña vinculada a este itinerario e propoñen que se convoque unha ruta de tapas no camiño”. Na xuntanza que se celebrou no café Egomundi, situado no acceso do Camiño Primitivo a Fontiñas desde San Eufrasio, presentaron o eslogan E … Tapas baixo o cal “se podería organizar unha peregrinaxe gastronómica por establecementos por onde discurre o tramo urbano do Camiño ao seu paso por Lugo”.

Para os populares “é importante que o sector da hostelería se volque con este recurso turístico” e, nese senso,  plantexaron aos emprendedores de Lugo sumarse ao espíritu do Camiño e que “sexan partícipes dos valores que representa”.

Outro dos puntos do decálogo que lles presentou o Grupo Popular, e que os hosteleiros acolleron con agrado, foi a proposta de atraer a peregrinos de vilas próximas con tradición xacobea como Portomarín, Sarria ou Palas. As axudas municipais para creación de negocios relacionados co camiño e a posta en marcha de actividades culturais, deportivas, turísticas e musicais son outras das medidas que forman parte do paquete que o Grupo Popular defenderá no vindeiro pleno.

Co obxecto de que o goberno local esté preparado de cara a celebración do ano santo en 2021 os populares defenderán, no pleno da vindeira semana, que se active un plan de traballo municipal que mellore a sinalización, humanicen espazos públicos e que haxa unha maior e mellor coordinación da administración local con emprendedores e particulares á hora de tramitar axudas para negocios vinculados ao Camiño.

O Grupo Popular anunciou que tamén seguirá pulsando a opinión dos actores afectados e implicados na súa promoción e, neste marco, ten programada unha xornada interrexional con representantes dos Grupos Populares de Oviedo e Santiago para poñer en común accións para divulgar os valores desta ruta.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies