Deportes

O PP reclama que Deputación e Concello impulsen novas dotacións deportivas polivalentes en Lugo

By 25 Abril, 2018Sin comentarios

Os deputados provinciais do PP e os concelleiros do Grupo Popular anunciaron que presentarán senllas iniciativas de pleno tal e como lle trasladaron á directiva do Breogán, durante a reunión previa ao pleno,  onde lle manifestaron o seu apoio aos requerimentos que precisa o clube para a súa inscripción na ACB

Os populares afirman que “a demanda de dotacións municipais non se axusta á oferta existente” e cren que “este é o momento de dar un paso adiante para dar resposta ás necesidades dos diferentes clubes deportivos da cidade”. Nesa liña a Presidenta Provincial, Elena Candia,  anunciou que solicitarán que “ambas administracións se compromentan vía convenios, como o que se fixo recentemente para cambiar o céspede dos campos de futbol, para materializar estas novas infraestructuras”.

Candia e Ameijide manifestaron que esta petición urxe xa que se se quere potenciar o deporte base se precisa mellorar dotacións e incorporar novos espazos de adestramento e competición xa que neste momento “hai clubes que teñen que alugar pistas, ou que se ven obrigados a utilizar infraestructuras obsoletas e que non están ao nivel dos nosos deportistas

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, facía este anuncio no transcurso do pleno que se celebrou hoxe tras anunciar o seu apoio á cesión do Pazo dos Deportes á deputación provincial. Unha decisión que a popular comunicou á directiva do Breogán nunha xuntanza que tivo lugar antes da celebración do pleno.

Na recepción na que participaron os deputados provinciais así como o voceiro e vicevoceiro do Grupo Popular se lles trasladou, de forma oficial, a felicitación do PP á aficción, aos xogadores, directiva e clube polo éxito acadado co ascenso á ACB.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies