A concelleira popular Mari Teijeiro critica a “falta de vontade do goberno socialista á hora de pór en marcha un Plan Municipal que mellore as condicións de empregabilidade daqueles traballadores con especiais dificultades para a súa inserción laboral
O Grupo Popular denuncia a falta de vontade do goberno socialista á hora de implantar no Concello un Plan Municipal de empregabilidade para persoas con discapacidade. A concelleira popular acusa aos socialistas de “descoidar a un colectivo que en Lugo supera os 10.000 persoas” insistindo en que “o goberno local ten, dende o pasado mes de abril, unha ferramenta de traballo que conta co respaldo da corporación”.
Teijeiro refírese ao Plan que o PP levou a pleno no que se contemplaban 4 liñas de actuación lamentando que “non deran nin un só paso para avanzar en ningunha das accións que se presentaron”.
A popular lembraba os puntos do acordo de pleno que consistían en:
- Incluir nos orzamentos para 2018 unha partida para unha liña municipal de axudas que fomenten a contratación e adaptación de postos para as persoas con discapacidade
- Favorecer a creación de postos de traballo de especial protección para traballadores con especiais dificultades na súa inserción (persoas con discapacidade intelectual, mental e discapacidade física en grao de 65%).
- Maior control e mellora nas cláusulas de contratación do Concello de Lugo
- A creación e desenvolvemento dunha política de intermediación entre o tecido empresarial e social para a sensibilización, formación, concienciación e integración laboral das persoas con discapacidade. A popular suxire establecer convenios con Asociacións empresariais, CEL ou Universidade, entre outros abrindo o diálogo entre estas entidades e o tecido social.
Á vista do “pasotismo da administración local por impulsar medidas para a integración laboral de persoas con discapacidade” o Grupo Popular anuncia que pedirá explicacións aos socialistas da situación na que se atopa este programa e, nese senso, preguntará en Comisión “dos 663 traballadores municipais cantos traballadores teñen discapacidade e cantos teñen unha gran discapacidade?; cantos traballadores con discapacidade prestan servizo ao Concello a través de contratos externalizados a empresas? e cantas persoas con discapacidade se insertaron no mercado laboral a través do plan de emprego municipal?”.
A popular insiste en que “o traballo é o mellor motivo para a superación dos problemas das persoas con especial dificultad que reclaman a súa autonomía para construir a súa propia identidade e ser parte activa da sociedade”.
“O obxectivo é incrementar as oportunidades de participación e acceso que podan traballar en función das necesidades que teñen en cada momento da súa vida: formación, adaptación do posto de traballo, cuotas de reserva de emprego, creación de cooperativas sociais e entornos de traballo encamiñados á inclusión social” reflexionou a popular.