Urbanismo

O PP reitera a necesidade da creación dun Plan de actuación na rede de sumidoiros para evitar inundacións polas treboadas

By 11 Decembro, 2017Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Ángel Trabada argumenta a necesidade da implantación deste plan xa que “cando hai trombas de auga” os sumidoiros de moitas zonas da cidade non drenan a auga xa que a maioría están tupidos con terra e lixo polo que non absorben a auga

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, asegura que a parálise na que os socialistas teñen sumida á cidade quedou patente onte despois de que o temporal Ana anegara numerosas zonas da cidade. O edil popular explica que dende o seu grupo xa “denunciamos en incontables ocasións” os problemas que hai na cidade e “dende o equipo de goberno sempre din que se cumpre con todo, pero onte quedou claro que, polo menos no que se refire á limpeza de sumidoiros, non é así”.

Neste senso, Trabada recorda que no mes de agosto urximos ao goberno local a que se limparan os sumidoiros da cidade. A resposta do goberno local foi que xa se facía, pero “onte demostrouse que non é así. Se realmente se fixera esa tarefa os sumidoiros da cidade terían capacidade para asumir a auga que onte caeu en Lugo. O problema é que estában tupidos e os bombeiros tiveron que ir dun lado para outro solucionando a papeleta”.

O concelleiro popular explica que en Lugo hai unha serie de puntos nos que se repiten as inundacións e onde, cada vez que hai fortes precipitacións ou trombas de auga, se inundan baixos e garaxes ou se forman grandes balsas de auga nas rúas producindo un grave perigo para a seguridade vial. Desde o Grupo Popular se denunciou que non hai unha brigada encargada da limpeza dos sumidoiros xa que os socialistasa suprimiron e derivaron esa tarefa na empresa concesionaria do servizo de limpeza na cidade, que desde o 31 de marzo de este ano ten o contrato caducado.

Por iso, Ángel Trabada pregunta, unha vez máis, ao concelleiro responsable desta área se teñen previsto incluir este servizo no novo prego de condicións coa futura concesionaria da limpeza da cidade, algo que semella non é o máis recomendable, xa que “segundo sabemos, os técnicos municipais se inclinan por derivar esta tarefa á empresa que se encargue da xestión das augas residuais, unha opción con máis sentido”.

O concelleiro popular reitera ao goberno socialista a necesidade de crear un plan de actuación na rede de sumidoiros do Concello baseado en tres puntos: análise do deseño dos puntos afectados, plantexando a necesidade ou non do redeseño da vía; estudo dos elementos de drenaxe, plantexando a posibilidade de modificacións de tamaños, formas, número de elementos e mesmo tipoloxía; e un plan de mantemento periódico do drenaxe superficial en Lugo, reforzando o mesmo nos puntos críticos da rede de drenaxe.

Incluso, Trabada plantexa a posibilidade de incluir unha previsión de revisión sistemática da rede de drenaxe cando exista unha previsión de fortes tormentas ou trombas de auga para asegurar, na medida do posible, unha axeitada evacuación da auga, minimizando as molestias e problemas para a cidadanía. “Tendo en conta que se pode consultar a previsión do tempo hai que establecer unha rutina para que os sumidoiros estén perfectamente limpos durante todo o ano, e a maiores unha revisión dos puntos máis conflictivos cando hai previsión de treboadas ou das trombas de auga”, afirmou o popular.

Entre os puntos onde é preciso actuar de xeito urxente figuran a Avenida de Fontiñas, Duquesa de Lugo (á altura do MIHL e entre as pontes de Paradai); o enlace Alfonso X con N-VI; Fermín Rivera (altura da capela), Avenida da Coruña e as Arieiras (urbanización Louzaneta).

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies