Persoal

O PP replica ao PSOE que a única que desprestixia ao Concello de Lugo é Lara Méndez coa súa política de parálise

By 27 Febreiro, 2018No Comments

O voceiro do Grupo Popular recoméndalle que, antes de insultar e de falar de quen desacretida a Lugo, mire ben para as súas filas xa que “os únicos que deshonran aos lucenses son os imputados socialistas comezando por Liñares, Orozco e, o terceiro, o seu mentor político Besteiro” e que  “seguindo as leccións destes tres mestres, é lóxico que a alcaldesa esté tamén imputada e cun futuro xudicial incerto”

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide afirma que a renuncia da Directora Xeral de Recursos Humanos é o resultado dunha política de persoal desastrosa. O popular, que matizou que esta cuestión, non se trata dun tema persoal senón que se trata dunha denuncia política que pon en evidencia o absoluto fracaso da xestión que hai no Concello de Lugo.

Para Ameijide a posta en escena de onte, da alcaldesa e o seu equipo, é un intento de desviar a atención dos verdadeiros problemas que ten a administración local dende que Lara Méndez é alcaldesa. “Que non se escude no Partido Popular para lavar a súa imaxe, co seu ataque gratuíto  intenta derivar a atención do verdadeiro problema que ten esta casa que é a parálise, a desmotivación e o bloqueo que cada día se agrava máis”.

Antonio Ameijide afirma que “a posta en escena de onte é comprensible, tendo en conta o estado de nerviosismo no que se atopa a alcaldesa pola declaración, como imputada, que ten que facer en marzo nos xulgados”.

O popular ratifícase na súa denuncia en contra de pagar máis de 5.000 € a un cargo político socialista en contra do pleno matizando que, dende o primeiro momento o PP posicionouse en contra da creación deste posto por consideralo innecesario. Ameijide lamenta que o goberno socialista cando non lle gusta o traballo dos funcionarios crea comisarios políticos que realizan informes a medida e lembra o caso dos dous  Directores Xerais de Policía e do Novas Tecnoloxías.

Nese senso amosou a súa sorpresa pola velocidade coa que apareceron os informes que avalan a creación desta praza que xurdiron “dun día para outro” animándolle á Méndez a que “ese ímpetu e enerxía o empreguen tamén para resolver os contratos caducados ou para demoler o Garañón”.

O voceiro do Grupo Popular tamén recomendoulle que, antes de insultar e de falar de quen desacretida a Lugo, mire ben para as súas filas xa que “os únicos que deshonran aos lucenses son os imputados socialistas comezando por Liñares, Orozco e, o terceiro, o seu mentor político Besteiro” e que  “seguindo as leccións destes tres mestres, é lóxico que a alcaldesa esté tamén imputada e cun futuro xudicial incerto”

Por último, Antonio Ameijide tamén respondíalle á alcaldesa sobre cuestionar a vocación dos concelleiros do PP manifestando que “é surrealista que Lara Méndez poña en tea de xuizo a nosa vocación  cando ela chegou á alcaldía de rebote, quería ser Presidenta da Deputación e acabou de alcaldesa interina”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies