O voceiro do Grupo Popular anuncia que o seu grupo presentará unha batería de preguntas nas que pide explicacións “polo oscurantismo deste nomeamento no que aparentemente non houbo ningún tipo de publicidade e, non nos consta que houbese concurrencia”
O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide cualificou de cacicada a tramitación do nomeamento do novo Director Xeral de Recursos Humanos afirmando que “primeiro, escolleron a quen querían que ocupara este cargo político e, a continuación, como non cumpría os requisitos que se precisaban para esta praza modificaron as bases para que se axustasen á medida da persoa que quería colocar”.
O voceiro popular explicou que o decreto que cambiaba os criterios profesionais se asinou o pasado xoves 26 de abril . O decreto especifica que “non sendo preciso que reúna a condición de funcionario ou funcionaria, coa esixencia dunha específica experiencia no desempeño de postos de responsabilidade na xestión pública ou privada, ou coñecementos técnicos no seu titular nesa materia”. Esta manobra confirma as denuncias do PP “da designación a dedo deste cargo xa que, tal e como se constata o PSOE cambiou os requisitos despois de ter o candidato decidido”. Neste mesmo decreto recoñécese que este posto foi suprimido a raiz do acordo plenario 2/2 do Pleno do 25 de xaneiro de 2018 a iniciativa do Partido Popular
O voceiro popular insistiu en que “esta cacicada dos socialistas cústanos a todos os lucenses 5.000 € mensuais” matizando “que o único que persegue a alcaldesa é comprar á vontade de Lugonovo, que foi un dos grupos que lle deu, co seu apoio, o bastón da alcaldía”. Ameijide explicaba que “se fixo un posto a medida para un simpatizante de As Mareas” e que “o que unicamente coñecemenos públicamente de el é que se dedica a criticar en redes sociais aos gobernos do Partido Popular”.
Os populares aseguran que “Lara Méndez ten medo a incurrir nunha nova imputación” e por ise motivo razonan “onte non se atreveu a asinar o nomeamento do Director de Recursos Humanos”. Os populares explican que “é coñecedora de que puxemos en coñecemento dos xulgados a documentación relativa ao nomeamento da predecesora no cargo que hoxe o PP volve a cuestionar polo oscurantismo co que se designa”.
Por último, o voceiro do Grupo Popular anuncia que o seu grupo presentará unha batería de preguntas nas que pide explicacións “pola falta de transparencia deste nomeamento no que se descoñece se houbo algún tipo de publicidade e concurrencia”.