EconomíaTransparencia

O PP ve “preocupante” que a falta de catro meses para pechar o ano Lara Méndez ten sen contratar case o 90% dos investimentos prometidos

By 22 Agosto, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que segundo os datos que figuran no apartado de obras do perfil do contratante da web municipal só se sacaron a contratación 13 proxectos de todos os orzamentados no capítulo VI (inversións reais) dos presupostos municipais

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, amosou a súa preocupación ante a “alarmante” falta de traballo de Lara Méndez e o seu equipo de goberno despois de comprobar as obras que saíron a licitación no perfil do contratante da web municipal.

Antonio Ameijide explicou que despois de realizar un chequeo de toda a información que aparece no perfil do contratante tan só se sacaron a contratación 13 obras de todas as anunciadas no plan de investimentos anunciado por Lara Méndez despois de aprobar os orzamentos. O popular denunciou que só pretenden executar o 10,5% (1.721.002,05€) de todo o plan de inversións (13.647.565,23€) que “venderon” como o máis ambicioso da última década pero que “vai a quedar en papel mollado pola incapacidade de xestión de Lara Méndez e o seu equipo de goberno.

O popular denuncia que a só catro meses para o remate do ano case o 90% do plan de inversión está sen licitar, o que demostra “a escasa vontade” e “acredita a parálise” de Lara Méndez na xestión municipal e na contratación das obras anunciadas tempo atrás.

De todas esas actuacións anunciadas, en materia de accesibilidade só executaron o 8% do proxectado, ao investir 28.000 dos 350.000€ reservados para este fin. Pero hai proxectos moi agardados pola cidadanía e que presentan “unha inversión nula”. Entre estes proxectos se atopa a urbanización dos terreos reservados para o novo colexio do Sagrado Corazón, o ascensor comprometido hai anos polo PSOE para este barrio, a creación de novos parques infantís ou a cuberta do parque de Augas Férreas ou a biblioteca da Piringalla.

Mención especial merece a praia fluvial, unha dotación moi demandada pola cidadanía e que por mor “de todos os disparates” de Lara Méndez e Daniel Piñeiro non será realidade, cando menos, ata que Lara Méndez deixe a alcaldía. Tamén neste mesmo entorno non se executou ningún dos 60.000€ adicados para a expropiación dos terreos precisos para a unión dos paseos do Miño e do Rato, “unha inversión insuficiente” de cara a realización do proxecto presentado, e aprobado en pleno, polo Grupo Popular.

Antonio Ameijide tamén analizou os fondos reservados para o plan Edusi. Neste caso de momento só se contrataron algúns dos proxectos a desenvolver, sendo o resultado “toques de atención” ao equipo de goberno xa que nalgún caso, como na pasarela sobre a N-VI, non se trata da mellor solución, de acordo coa empresa redactora, e noutros casos, como na Volta da Viña, a intención do equipo de goberno “non é viable ou e ineficiente”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies