Zona rural

O PP ve prioritario que se acometan os investimentos para zona rural propostas para os orzamentos do 2018

By 11 Decembro, 2017Sin comentarios

O concelleiro popular Manuel López asegura que as propostas do seu grupo para os orzamentos do ano 2018 referentes á zona rural son unhas medidas “pensadas e consensuadas” que “consideramos prioritarias” para dar un servizo axeitado ao rural xa que os gobernos socialistas de Lugo “se esqueceron totalmente” das parroquias

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, cualifica de “imprescindible” que o goberno local acometa os investimentos propostos para a zona rural do Concello polos populares. Segundo Manuel López son propostas “pensadas e consensuadas e que consideramos prioritarias” para dar un servizo axeitado aos habitantes das parroquias do rural e que servirán para impulsar unha zona “totalmente esquecida” polo goberno socialista de Lugo.

Segundo o concelleiro popular “as parroquias son as grandes esquecidas do goberno local”, por iso desde o Grupo Popular aportamos un paquete de 12 medidas, entre as que destaca, habilitar unha partida para levar a cabo saneamento e abastecemento de auga de catro ou cinco parroquias ao ano; un programa de recuperación, mantemento e conservación de pistas e camiños rurais, dotado cun millón de euros; un programa plurianual para asfaltar en quente os núcleos rurais, cunha partida de 500.000 euros; un plan plurianual para a limpeza de cunetas, dotado con 60.000 euros; a mellora da sinalización e elaboración/adaptación dos plans especiais na zona rural, cunha partida de 75.000 euros; un plan para o mantemento de lavadoiros e escolas cun orzamento, tamén dotado con 75.000 euros; o cambio de luminarias a LED na zona rural co obxecto de mellorar a visibilidade e acadar un aforro enerxético e económico.

Tamén se reclama a dotación orzamentaria suficiente para confeccionar un inventario actualizado de pistas e camiños das parroquias da zona Rural así como impulsar un proxecto para mellorar e consolidar a feira do Antroido de Nadela.

Manuel López explica que as medidas propostas polo Partido Popular están encamiñadas a impulsar o rural, unha situación “totalmente esquecida” polos gobernos socialistas de Lugo. “Os socialistas deixaron pasar moitas oportunidades para dotar de saneamento e abastecemento e outros servizos ao rural. No ano 2003 se negaron a adherirse a un convenio que lles ofrecía o PP, sendo conselleiro de Medio Ambiente Xosé Manuel Barreiro, no que a Xunta asumía o 70% destas obras e o Concello debía facerse cargo do 30%. Unha proposta que agora o goberno de Lara Méndez quere acadar, vendendo a idea como propia”, asegura Manuel López.

Neste eido, o concelleiro popular non é alleo “á necesidade” de que Xunta, e tamén a Deputación, colaboren có goberno local para asumir unha obra deste envergadura, xa que para o Concello “sería inviable a nivel individual”.

Para Manuel López “tanto as ridículas previsións como o escasísimo grao de execución do orzamentado desenmascara de novo aos socialistas” ao demostrar, “unha vez máis”, que “o que din está nas antípodas do que practican”, xa que “cánsanse de presumir de impulsar a zona rural cando a realidade é que lle destinan contías mínimas nos orzamentos e investimentos e, por riba, non ejecutan nin o previsto”.

O popular recorda que o “olvido” dos socialistas có rural vese claramente en que “nin sequera adicaron un só euro á zona rural do máis de medio millón de euros procedentes do Plan Único da Deputación e nin un só euro dos convenios que asina con esta administración da mesma cor política”.

Unha política que se esquece do rural que se ve reflectida, segundo explicou Manuel López, na “mínima partida orzamentada” para o rural no recoñecemento de crédito que se aprobou no mes de agosto. “Dos máis de 4 millóns de euros aprobados para obras, tan só se adicaron 109.950 euros para inversións no rural. Aos feitos nos remitimos e como se ve os socialistas pasan de largo polo rural”, afirmou o popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies