O voceiro dos populares Antonio Ameijide manifestou que o Grupo Popular é “o primeiro interesado en Lugo teña orzamentos” lembrando o apoio prestado, no pasado mes de agosto, ao Plan de Investimentos socialista ou o respaldo que lle deron no ano 2014 aos remanentes de tesourería
O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide anunciou hoxe en rolda de prensa o sentido do voto dos populares ao proxecto de orzamentos para o 2018 matizando que “imos votar en contra porque son uns orzamentos de fantasía, unhas contas virtuais, pouco cribles e electoralistas que supoñen un novo engano para os lucenses”.
Antonio Ameijide afirma que é un decisión que adoptou o grupo popular adoptou “entre todos e por responsabilidade” xa que a alcaldesa falta á verdade presentando unhas contas infladas e electoralistas que non resolven os verdadeiros problemas de Lugo.
O voceiro dos populares puntualizou que “non temos ningún problema e nada que ocultar e explicaremos, onde sexa necesario, o sentido de voto do noso partido, con e sen atril”. “Hai unha cara oculta dentro das contas muncipais e podemos entrar ao detalle para demostrar que a verdad dos orzamentos é outra ben distinta á que nos pintan”. “O Partido Popular demostrou a súa responsabilidade e coherencia en numerosas ocasións respaldando ao goberno do PSOE de Lugo”, indicou Ameijide quen lembrou “que en agosto tiveron o noso respaldo para aprobar o plan de investimentos e grazas a eso estánse facendo as poucas obras que hai en Lugo”. Tamén no ano 2014 apoiaron os remanentes de tesorería desbloqueando numerosas obras e compras como a escaleira de bombeiros, equipos de comunicación …
O voceiro do PP concluiu asegurando que “nós, como forza maioritaria, somos os primeiros interesados en que salgan adiante os orzamentos para o vindeiro exerecicio pero non podemos aprobar algo que é fantasía”.
O popular volveu a recriminar a falta de humildade e a prepotencia da alcaldesa acusándoa de “irrespetuosa” por non facer nin unha soa chamada para intentar consensuar os orzamentos, nin responder ás 80 propostas que o PP solicitou incorporar ao documento contable.