Economía

Presentamos emendas para mellorar uns Orzamentos que chegan tarde e que non son nin realistas, nin ilusionantes

By 28 Xaneiro, 2025Sin comentarios

O Partido Popular deu hoxe un paso máis para mellorar os Orzamentos do 2025 do goberno local do PSOE e BNG, presentando hoxe unha serie de emendas que priorizan proxectos esenciais para Lugo como un aparcadoiro nas Fontiñas, o abastecemento de auga, impulsar un plan local de saúde mental; axudas sociais e de apoio para os nosos maiores e iniciativas para a xuventude (convenio coa USC); estudiar o acercamento da intermodal a cidade; manter a protectora na ubicación actual ou adecuación de todos os postos do mercado non só os baleiros.

Os concelleiros Mar Carballas e Javier Vázquez explicaron que o obxectivo “destas propostas son garantir que Lugo conte cunhas contas máis sociais e equilibradas”.

Os concelleiros populares Javier Vázquez e Mar Carballas manifestaron que  “gustaríamos ser parte da elaboración deste documento”. Tamén indicaron que “o normal sería abordar os orzamentos nun  pleno extraordinario” lamentando que “é inaceptable que a documentación dos Orzamentos se entregue cunha antelación tan curta e que se pretenda que a oposición non teña tempo para realizar unha análise en profundidade. Isto non é democracia, é poñer trabas para ocultar a falta de xestión”.

“Saben que os seus Orzamentos son febles, sen proxecto de futuro para Lugo. A nosa prioridade segue sendo que os veciños coñezan a verdade e que se garantan unhas contas equilibradas e responsables”, concluíron.

“Non imos permitir que as malas prácticas do PSOE e do BNG limiten o noso traballo nin que Lugo perda a oportunidade de ter uns Orzamentos mellores”, finalizou Javier Vázquez.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies