A voceira popular Elena Candia explicou que moitas das achegas son proxectos e iniciativas froito da escoita activa nos barrios “dividímolas en 4 bloques para que calquera veciño segundo onde viva coñeza as intervencións que queremos no seu barrio”
Os populares tamén presentaron outro paquete de achegas máis transversais “trátase de iniciativas que teñen un impacto en toda o municipio e que beneficiarán a toda a veciñanza, independentemente da súa idade”
Elena Candia lamentou que o goberno local incumpra a lei xa que, a estas alturas, Lugo segue sen orzamentos para o 2025 e reclamou que as contas que presente o PSOE e o BNG sexan realistas. A popular lembrou como no Plan de investimentos dos orzamentos de 2024 dos 14.1 M€ só se formalizou, finalizou ou empezou un 15,78% da obras que anunciaron.
Zona Norte
O noso obxectivo na zona norte é mellorar as infraestruturas, potenciar os servizos e dar resposta ás necesidades de seguridade e lecer da veciñanza:
- Plan piloto de rehabilitación para o barrio Feijoo e Milagrosa e que se aborden de forma trasversal as obras de peonalización.
- Instalación de cámaras de videovixilancia en zonas con especial sensibilidade no barrio da Milagrosa e apertura dunha delegación da policía local.
- Cubrir o campo de petanca no Parque Frigsa e cobertura do parque infantil Fonte dos Ranchos
- Aparcadoiro en superficie Paradai
- Creación de dotacións no Polígono Industrial CEAO/Gándaras para coidar aos fillos e fillas dos traballadores.
- Renovación de tubaxes no Polígono do Ceao.
- Instalación de cámaras de videovixilancia en Ceao/Gándaras.
- Aparcamento seguro no Polígono das Gándaras.
- Mellora da beirarrúa da Virxe da Soidade (Gándaras).
- Centro interxeracional no Castiñeiro
Zona Centro
No centro da cidade, é imprescindible dinamizar o casco histórico, apoiar o comercio local e mellorar a accesibilidade:
- Plan de accesibilidade para conectar o barrio da Estación/Paradai coa zona centro.
- Creación consorcio de Dinamización do Casco Histórico – con posible e Sede no edificio do Vicerrectorado (previo acordo), para preservar o patrimonio e dinamizar a actividade económica.
- Plan de apoio ao pequeno comercio especialmente ao afectado polas obras do centro e creación dunha plataforma loxística (carga e descarga).
- Acordos cos propietarios da OJE para crear un espazo deportivo e cultural no centro.
- Instalación de cámaras de videovixilancia nos monumentos históricos e puntos emblemáticos.
- Estudo para un aparcadoiro disuasorio na rúa Castelao
- Aparcadoiro disuasorio en O Carme (cumprindo o convenio asinado).
- Axudas á rehabilitación de O Carme e Recatelo.
- Plan de limpeza e restauración do Parque Rosalía.
- Mellora nas instalacións da praza de abastos.
Zona Sur
A zona sur tamén precisa melloras en mobilidade, espazos de lecer e revitalización:
- Construción dun aparcadoiro en Fontiñas e outro soterrado en Augas Férreas.
- Mellora e humanización da entrada de Lugo pola Fervedoira (Avenida Adolfo Suárez).
- Avanzar no proxecto da Unión Parque Miño e Rato, pechando o cinto verde de Lugo.
- Creación da zona de baño no Río Miño.
- Mellora da Carballeira de Fingoi.
- Recuperación do anfiteatro do campus como auditorio ao aire libre.
- Revitalización do barrio de A Ponte.
- Reparación integral da vía Fermín Rivera.
- Cubrir unha das pistas de tenis do Palomar.
- Apertura rúa Vilaverde.
Zona Rural
A zona rural precisa medidas específicas para mellorar os servizos e apoiar ao sector primario:
- Saneamento.
- Abastecemento.
- Plan de desbroces para todo o ano para pistas asfaltadas e de terra.
- Puntos itinerantes de información para achegar a administración local ás nosas parroquias.
- Plan Fiscal especialmente para paliar a suba do IBI, e incentivar as actividades que se asentan no rural.
- Taxi a demanda para mellorar a mobilidade.
- Plan de ocio para os centros sociais da zona rural.
- Achegamento da programación ás parroquias (cabalgatas dos Reis Magos por exemplo).
- Creación de puntos de conciliación para maiores e cativos.
- Servizo de vaciados de fosas sépticas.
Propostas Xenéricas e Transversais
Estas iniciativas teñen un impacto transversal en toda o concello e beneficiarán a toda a veciñanza, independentemente da súa idade:
- Reforzo das plantillas de persoal para mellorar a atención cidadá.
- Plan de Turismo para dinamizar o sector e atraer visitantes, creando novos postos de traballo e mellorando a economía local.
- Supresión da Plusvalía para garantir un entorno fiscal máis xusto e menos gravoso para os cidadáns.
- Mellora das instalacións da Protectora.
- Creación dunha oficina de asesoramento para ocupacións ilegais de vivendas, como parte do noso compromiso pola seguridade cidadá e a convivencia pacífica.
- Plan de eliminación progresiva de tapóns urbanísticos, para mellorar a mobilidade e accesibilidade na cidade.
- Programación estable no Auditorio Municipal de Magoi.
- Plan Municipal de Saúde Mental con unidades de prevención do acoso escolar, do suicidio e dos trastornos alimenticios.
- Fortalecer a marca Lugo Cidade Universitaria Contratación de asistencias técnicas locais para potenciar o talento da nosa cidade.
- Creación dunha Oficina do Maior para programas de acompañamento contra a soidade non desexada.
- Cambiadores inclusivos.
- Construción de novas infraestruturas deportivas como un novo pavillón, e acondicionamento dos campos de Sanfiz.
- Liña específica do SAF “Aloumiñar” para a atención e coidado de menores no seu domicilio e a creación da unidade de atención temprana.
- Actualización das axudas sociais e deportivas.
- Posta en marcha da Escola de música e da Banda municipal.
- Plan Mantemento colexios e reapertura do Parque Infantil de Tráfico López Mella.