Festas

“Primeiro negan cambio de criterios e hoxe din que o fixeron porque sospeitan de irregulariedades”

By 25 Xaneiro, 2024Sin comentarios

 Os populares preguntan se esa desconfianza vén polos pagos de 800.000€ a unha empresa vinculada ao BNG cuxa última operación
aprobada por eles foi contratar o escenario do San Froilán in extremis deixando fóra a licitadores lucenses

 

XOVES 25 DE XANEIRO DE 2024
 O BNG 1º negou que cambiase os criterios para conceder axudas para ás contratacións das festas das parroquias e barrios

 Agora os nacionalistas veñen de xustificar este xiro significativo das condicións para que as comisións de festas reciban achegas
económicas en que teñen sospeitas de irregulariedades.

 Os populares entenden que Maite Ferreiro se refire a empresas das habituais que contrata a área de cultura e poñen riba da mesa os
pagos realizados en catro anos a Nalgures. Esta firma, cunha relación familiar directa cunha persoa que foi un cargo do BNG, ingresou en caixa case 800.000€ en catro anos

 Os populares engaden que a última operación que se fixo con esta firma foi a de contratala in extremis para a montaxe dun escenario
do San Froilán deixando fóra a outros licitadores lucenses.

 En conclusión, resulta insultante que o BNG intente xustificar a toma dunha decisión autoritaria e sectaria para limitar as axudas ás
contratacións das festas en Lugo poñendo en cuestión os 350 € que reciben os dúos.

 Os populares conclúen con que “a xestión do diñeiro público é responsabilidade do goberno local e instan a que aborden esta situación con transparencia e equidade”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies