Anunciamos unha nova iniciativa que leva ao Pleno Municipal para mellorar a mobilidade e
atender unha necesidade de crear máis prazas de aparcamento no barrio de
Paradai: habilitar un aparcadoiro disuasorio provisional no terreo situado
entre as rúas Sil, Pombal e Ferro Caaveiro.
O vicevoceiro popular Ramón Cabarcos insiste en que “humanizar unha
cidade vai máis alá de cambiar pavimentos. Significa crear espazos
sostibles, con circulación fluída e alternativas de aparcamento cómodas,
pensando sempre nas persoas.”
O terreo onde os populares proponen actual está na actualidade
infrautilizado e conta unicamente cun edificio residencial e unha pequena
zona verde. Desde o Partido Popular consideran que, mentres non se
desenvolva definitivamente, é imprescindible dárlle un uso práctico que
responda ás necesidades da veciñanza. “Sabemos que nesta área, como en
moitas outras de Lugo, hai unha gran demanda de prazas de aparcamento,”
apuntan.
A proposta “non require grandes investimentos, só vontade política para
facela realidade. É unha solución de sentido común que responde a unha
demanda veciñal,” sinalan desde o grupo municipal.
Ademais, esta proposta enmárcase nunha folla de ruta máis ampla dos
populares para mellorar a mobilidade en Lugo e que contempla a creación
dunha rede de zonas de aparcamento, tanto en superficie como en altura,
repartidas estratexicamente por toda a cidade, co obxectivo de ofrecer
solucións reais aos problemas de aparcamento que afectan a numerosos
barrios.