Sen categoría

PROPOÑEMOS MEDIDAS PARA MELLORAR O ACCESO DA CIDADANÍA ÁS AXUDAS DE EVISLUSA

By 1 Abril, 2025Sin comentarios

No Consello de Administración de Empresa Pública Municipal de Vivenda e Suelo de Lugo, os concelleiros do grupo municipal do PP tiveron a oportunidade de constatar que non se convocaron axudas ao alugueiro no ano 2024, unha decisión política relacionada coas prioridades do goberno bipartito, (nominadamente, a concellería de Benestar Social).

Propuxemos unha nova convocatoria de axudas ao alugueiro, modificando as bases para ter en conta a situación real do mercado inmobiliario, pois de non actualizarse as bases estas axudas poderían non chegar a quen verdadeiramente as precisan.

Asemade, prantexouse a posibilidade dunha nova convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas no casco histórico ao constatarse que a maioría non foron adxudicadas.

Entendemos que esto débese ao feito de que non existe unha práctica transparente á hora de convocar ditas axudas, pois entre a data de publicación oficial das mesmas e o peche do prazo para poder presentarse a elas transcurre moi pouco tempo.

Por iso, pediuse que a nova convocatoria sexa anunciada con tempo suficiente como para permitir aos veciños do casco histórico ter coñecemento das mesmas e marxe de maniobra para poder presentarse ás mesmas, non coma ata o de agora.

Lamentablemente, a deixadez do bipartito impide que se podan convocar axudas para a rehabilitación de vivendas noutros barrios da cidade, ademáis de amosarse, unha vez máis, que EVISLUSA continúa a ser unha ferramenta á que o bipartito non está a sacar rendimento pois, outro ano máis, nada se fixo en materia de vivenda pública.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies