InfraestruturasProposiciónTráfico

O PP aplaude que o goberno bipartito de Lugo rectifique e acepte estudar a suspensión cautelar do peche do Ánxel Fole

By 26 Setembro, 2019Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular amosou a súa satisfacción despois de que PSOE e BNG rectifiquen a súa postura e apoien a proposta dos populares para estudar a suspensión do peche do Ánxel Fole e a creación de once aparcadoiros disuasorios.

O centro histórico da cidade de Lugo carece de prazas de aparcamento suficientes para dar servizo á demanda existente, provocando con iso problemas de mobilidade, así como un prexuízo aos negocios do centro. Esta situación vese agravada por unha banda polas escasas dimensións das prazas dos aparcadoiros públicos, que impiden en moitas ocasións que os condutores poidan estacionar os seus vehículos, e por outro, que non haxa un sistema rotatorio de estacionamento de vehículos na cidade.
Recentemente o Concello de Lugo ditou un decreto de peche do aparcadoiro Ánxel Fole, que empeora aínda máis se cabe a situación do aparcamento no centro histórico, xa que se perderían ao redor de 400 prazas, que unido ao peche do aparcadoiro de A Milagrosa, trae consigo que o estacionamento na cidade se converta nunha misión imposible.

Ante esta situación, o goberno municipal non pode caer no inmobilismo, xa que ten a responsabilidade e a obrigación de buscar solucións de tipo legal, coa finalidade de que o aparcadoiro Ánxel Fole permaneza aberto, pero complementariamente, é preciso adoptar medidas de carácter inmediato que palíen o enorme dano que xeraría ao comercio do centro o peche do aparcadoiro Ánxel Fole, e que reforcen a dotación de prazas de estacionamento na cidade, entre elas, cabe destacar a posibilidade de negociar convenios con particulares co obxecto de habilitar en solares privados, novos aparcamentos disuasorios por medio dunha cesión de carácter temporal, onde o Concello asumiría a limpeza e mantemento do solar, así como o acondicionamento e a sinalización do mesmo. De igual forma poderíase estudar a posibilidade de establecer bonificacións tributarias aos propietarios dos solares, garantindo que no momento que desexen retornar o uso dos mesmos se lles devolva de forma inmediata

Esta actuación tería que ir acompañada doutras intervencións como a ampliación das dimensións das prazas de aparcamento dos aparcadoiros públicos de Santo Domingo, Praza do Ferrol e Praza da Constitución, así como a creación dun sistema de rotación de vehículos gratuíto que estaría controlado polo Concello a través dun vehículo cun sistema de lectura de matrículas, ou por medio de discos indicadores de hora de chegada, entre outras posibilidades. Tamén é necesario realizar unha mellora tanto da sinalización vertical como horizontal da cidade, xa que podemos observar que hai numerosos pasos de peóns que se atopan borrados, ou zonas de carga e descarga e paradas de autobuses que non están correctamente sinalizadas, así como a reestruturación integral e reforzo do bus urbano.

Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde instar o equipo de goberno a:

Que inicie os trámites e as negociacións precisas para estudar a implantación de aparcadoiros disuasorios na contorna do centro histórico, por medio de convenios cos propietarios dos solares que non teñen uso.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies