Lugonovo, BNG y ACE rexeitan a proposición do Partido Popular, que pese a todo aprobouse cos votos a favor do Partido Popular, PSOE y Ciudadanos, en apoio da Policía Nacional e Garda Civil. O voceiro popular Antonio Ameijide recrimina a ambigüedade do PSOE que ata o úlitmo minuto non clarificou a súa postura. Na proposición popular se incorporou unha enmenda para equiparar o salario deste axentes co resto dos corpos autonómicos.
Desde o pasado día 20 de setembro, data na que se ordenou por parte do Xulgado de Instrución nº 13 de Barcelona a práctica de dilixencias de entrada e rexistro en distintas consellerías e organismos técnicos da Generalitat de Cataluña, e ata o domingo 1 de outubro, día en que se tratou de celebrar o referendo ilegal prohibido polo Tribunal Constitucional, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado foron obxecto dun acoso constante coa finalidade de impedir aos seus axentes o lexítimo exercicio das súas funcións
Toda a sociedade española foi testemuña a través dos medios de comunicación do enorme clima de hostilidade e dos numerosos ataques que sufriron os membros da Policía Nacional e a Garda Civil polo simple feito de realizar o seu labor e defender o Estado de Dereito. Durante estes días, todos os cidadáns puideron ver como os manifestantes lles insultaron e mesmo agredido, como esnaquizaron os seus vehículos, como lles rodearon durante horas para bloquear as súas saídas, como informaron a través de medios de comunicación da Generalitat dos seus movementos dentro do territorio da Comunidade Autónoma catalá coa finalidade de delatarlles e sinalarlles. Feitos que motivaron que a Fiscalía da Audiencia Nacional presentase unha denuncia por sedición ao considerar que serían constitutivos deste e outros delitos.
Debe lembrarse que, no contexto descrito, o Goberno da Nación viuse obrigado a adoptar medidas con obxecto de garantir o cumprimento da Lei na Comunidade Autónoma de Cataluña en base ás instrucións da Fiscalía para impedir a celebración do referendo ilegal e de acordo tamén ao previsto no artigo 38.2 da Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade que contempla a intervención de Policía e Garda Civil no mantemento da orde pública.
É deber e obrigación de todos os partidos democráticos rexeitar e condenar rotunda e sistematicamente calquera comportamento de natureza violenta -independentemente da ideoloxía en que se amparen- así como calquera acción xustificativa dos mesmos, e mostrar o seu apoio ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no seu labor de defensa e protección dos dereitos e liberdades de todos os cidadáns. É inxusto e intolerable que se lles trate como inimigos cando os gardas civís e os policías nacionais son servidores públicos que cumpren coa responsabilidade de garantir a liberdade de todos e o libre exercicio dos nosos dereitos.
Os homes e mulleres que integran estes Corpos están comprometidos coa seguridade de España e dos españois, e dedican as súas vidas para salvagardar a convivencia, a seguridade e a tranquilidade dos seus concidadáns, merecendo por iso o agarimo, a admiración e o respecto do conxunto da sociedade española. É por esta e por outras moitas razóns polas que a Policía Nacional e a Garda Civil son as dúas institucións públicas que máis confianza xeran segundo figura no barómetro do CIS do ano 2015, pois grazas ao seu servizo diario estamos a conseguir que España sexa na actualidade uno dos países máis seguros do mundo.
Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:
O Concello de Lugo manifesta a súa solidarieadade e respaldo á Policía Nacional e á Garda Civil no seu labor de defensa e protección dos dereitos e libertades amparados pola Constitución Española a todos os cidadáns, condenando o acoso que están a sufrir os seus membros, entres os que se atopan axentes galegos e galegas desprazados a Cataluña, por defender o Estado de Dereito e salvagardar a convivencia, á seguridade e a tranquilidade da cidadanía.