Economía

Proposición para crear unha Comisión de Investigación hackeo informático

By 27 Setembro, 2017Outubro 2nd, 2017Sin comentarios

O seguimento e control dos movementos realizados na intranet municipal por parte do Concello aos grupos da oposición son de suma  gravidade e intolerables, e supón unha vulneración de dereitos constitucionais como son a liberdade de expresión ou o segredo de comunicacións. Este acto que consideramos irresponsable e que pretende coartar a labor de fiscalización dos grupos políticos, supostamente deu lugar a posterior elaboración dun documento/informe onde se recollía a forza política que realizaba o acceso, así como as horas e o ordenador utilizado, e a persoa que facía a consulta.

Ante estes feitos inéditos no noso Concello, o Grupo Municipal Popular coa finalidade de aclarar todos os aspectos relativos ao acceso sen permiso ás consultas, e aos equipos informáticos existentes nos Grupos Municipais da oposición, así como os feitos e circunstancias que rodearon o suceso acontencido, considera oportuno a constitución dunha Comisión de Investigación ao abeiro do establecido no artigo 124.3 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e o artigo 135 do Regulamento Orgánico de Pleno do Concello de Lugo.

Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Que se constitúa unha Comisión de Investigación, coa finalidade de aclarar todos os aspectos relativos ao acceso sen permiso por parte do Concello ás consultas e aos equipos informáticos dos Grupos Municipais da oposición.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies