EconomíaProposición

Unanimidade na proposición do PP para declarar de especial interese as actividades agrícolas e gandeiras

By 23 Novembro, 2016Novembro 24th, 2016No Comments

O Grupo Popular satisfeito polo respaldo unánime da corporación  para conseguir unha bonificación dun  95%  no IBI dos inmobles vinculados ás actividades agrícolas e gandeiras. O goberno local comprometeuse a incorporar esta proposta nas alegacións ás ordenanzas. Nos últimos días os populares explicaban aos veciños do rural a súa proposta.

No Pleno Extraordinario celebrado o pasado 14 de novembro se aprobou de forma inicial, diferentes ordenanzas fiscais, entre as que se atopa a número 203, Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles que contou cos votos a favor do PSOE, LUGONOVO e BNG, e que non contempla bonificacións para os inmobles vinculados ás actividades agrícolas e gandeiras da zona rural.

O PP presentará unha reclamación á devandita Ordenanza co obxectivo de establecer unha bonificación do 95% para estes inmobles e para elo, e conforme ca normativa vixente, é preciso que se acorde polo Pleno, declarar de especial interese ou utilidade municipal as actividades agrícolas e gandeiras.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

De conformidade co artigo 74 apartado 2 quáter do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, declarar de especial interese ou utilidade municipal as actividades agrícolas e gandeiras no municipio por concorrer circunstancias sociais, culturais e de fomento do emprego.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies