Seguridade

O PP pregunta que teñen que agochar PSOE e BNG para non apoiar un sistema de videovixilancia para protexer o patrimonio cultural

By 26 Novembro, 2020Sin comentarios

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular non entenden a negativa do goberno local a instalar un sistema de videovixilancia no entorno de bens culturais para protexelos dos ataques que sofren, polo que preguntan tanto a PSOE como BNG que intereses están a protexer coa súa negativa a mellorar a seguridade.

O Grupo Municipal do Partido Popular cree necesario a elaboración dun estudio de necesidades de videovixilancia na cidade Lugo.

A cidade de Lugo sempre foi unha cidade segura, con ratios de delitos por baixo da media nacional, pero sobre todo, a sensación de tranquilidade dos cidadáns ao pasear pola mesma era elevada.

Nos últimos anos, por diversas circunstancias, a situación empezou a mudar e a cidadanía empeza a ter a sensación de que situacións que antes eran excepcionais na nosa cidade se están a converter en algo cotiá.

Así por ejemplo, nas rúas do casco histórico, e moi especialmente na Praza Mayor estase a dar unha situación preocupante de trapicheo de drogas, peleas, etc. moitas delas protagonizadas por rapaces moi novos. A sensación de inseguridade medrou de xeito importante nos últimos tempos.

A citada situación está a causar fonda preocupación, máxime porque é unha zona na que hai centros escolares e, ademais é unha zona que asiduamente úsase por  moitos rapaces como lugar de reunión.

Xunto con estas situacións, que non son casos puntuais senón que por desgracia son reiteradas no tempo, estase a incrementar tamén o vandalismo, como acabamos de ver coas últimas pintadas na Catedral.

Por iso consideramos necesario actuar con contundencia antes de que a situación empeore.

É obvio que por moito que o intenten, tanto á policía nacional como á policía local, non lles resulta sencillo poñer coto  a unha situación que precisa unha presenza constante na rúa. E non lles resulta sencillo dado que non contan con operativos suficientes para atender unha cidade como Lugo con un número de efectivos escaso.

Por iso, si non se pode conseguir disuadir coa presenza policial na rúa que todos desexáramos, sería desexable usar para conseguir esa mesma disuasión, medios técnicos como pode ser a videovixilancia.

O Grupo Municipal Popular cree que é o momento de estudar outras posibilidades que na nosa cidade están infrautilizadas pero noutras están a dar bos resultados, trátase do uso de cámaras de videovixilancia.

É obvio que o uso de cámaras de videovixilancia hai que facelo con total e absoluto respecto aos dereitos dos cidadáns e garantindo sempre a súa intimidade e honor, pero o emprego destas en vía pública, é perfectamente compatible o uso das mesmas co dereito a privacidade dos cidadáns.

Ese debate está amplamente superado tanto no noso país como en países da nosa contorna. Ninguén sostería que cidades como Madrid, Pamplona ou, incluso, Londres, son menos respectuosas coa privacidade dos seus cidadáns e, en cambio, o uso de videovixilancia é algo plenamente aceptado e usado.

Na maioría das cidades nas que se implementaron, a sensación de seguridade por parte dos cidadáns mellorou substancialmente pero é certo que nalgunhas delas a delincuencia trasladouse a outras zonas carentes de vixilancia con cámaras, é dicir, produce un claro efecto disuasorio nas zonas onde se instala.

Por iso entendemos que é necesario facer un estudio de necesidades no que se conte coas asociacións de veciños, de comerciantes, industriais, etc. que permitan determinar as zonas nas que sería máis interesante contar con este tipo de axudas e, á vez, garantir a presenza policial de xeito equitativo para evitar o desprazamento dos problemas dunhas zonas a outras.

Cómpre recordar que no polígono do Ceao as cámaras de seguridade levan anos instaladas e apagadas porque no seu momento non se renovou o permiso da Comisión de Garantías de Videovixilancia. A súa posta en marcha é unha petición reiterada e constante dos empresarios e industriais do Ceao. Sería preciso ademáis extender esta rede de videovixilancia ao novo polígono das Gándaras, e a outras zonas industriais da cidade.

En definitiva, as novas tecnoloxías son unha ferramenta moi importante para garantir a seguridade nunca dobre vertente, por un lado na vertente disuasoria e, por outro, como axuda para poder esclarecer a posteri aqueles delitos que se cometan e que sin a presenza de cámaras quedarían impunes dado que non se podería acreditar a súa autoría.

Por todo o anterior, o Grupo Municipal do Partido Popular propón ao Pleno do Concello de Lugo:

  • Que o Concello de Lugo cree unha comisión de estudio na que participen Grupos municipais, asociacións de veciños, comerciantes, industriais, colexios profesionais, etc. que elabore unha proposta de zonas nas que podería ser interesante instalar cámaras de vixilancia.
  • Que, unha vez se conte coas conclusións da citada comisión, o Concello de Lugo comence os trámites e as xestións oportunas para conseguir que a Comisión de Garantías de Videovixilancia autorice a posta en marcha das cámaras de vixilancia, e a posterior instalación e posta en marcha.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies