Servizos sociais

O PP consegue que Lugo se una á Rede de cidades amigables coas persoas maiores

By 28 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Grupo Popular tamén conseguiu a unanimidade do pleno para que o Concello de Lugo se una á Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores, promovida pola OMS no ano 2010 coa fin de buscar lugares que fagan da súa contorna un lugar mellor para envellecer dignamente e con calidade.

A “Red Mundial de Ciudades y Comunidades Amigables con las PersonasMayores” foi promovida pola OMS no ano 2010 coa fin de buscar lugares que fagan da súa contorna un lugar mellor para envellecer dignamente e con calidade.

O Grupo Municipal do Partido Popular presenta a pleno unha iniciativa para que a cidade de Lugo se integre en dita rede e dé aos maiores da nosa cidade a oportunidade de pasar os últimos anos das súas vidas nun entorno amigable, amable, vivible, que lles ofreza a posibilidade de ter unha boa calidade de vida.

Estamos nunha cidade na que preto do 20% da poboación ten 65 anos ou máis, e isto debe ter a súa repercusión no modelo de cidade cara o que debemos ir. Os maiores son transmisores de experiencias e valores sociais, e nestes intres máis que nunca, son dos grandes perxudicados da pandemia.

Os nosos maiores apoian e colaboran coas familias e a día de hoxe son o sustento da conciliación familiar en gran parte dos fogares, unha labor fundamental na estrutura de sociedade que impera no noso país.

A iniciativa que plantexamos promove a participación das persoas maiores, tendo en conta as súas necesidades, opinións e propostas no proceso de análise e mellora do concello en diversos ámbitos, co fin último de promover un envellecemento saúdable e activo.

A misión da Rede é estimular e favorecer que os nosos veciños sexan cada vez máis amigables coas persoas maiores, inspirando o cambio. Hai que mostrar o que se pode facer e como se pode facer, intercambiar información, coñecemento e experiencias con outras cidades e buscar o apoio preciso para deseñar e levar a cabo aquelas solucións que levan a un compromiso firme de escoitar as necesidade da nosa poboación maior. En definitiva,un seguemento da amigabilidade da nosa cidade e traballar en colaboración cos nosos maiores en todos os ámbitos para crear entornos físicos e sociais amigables co envellecemento.

Pero non queremos un documento máis, isto non se trata dun papel sen máis, é un compromiso firme de responsabilidade cos nosos veciños e coa nosa cidade. Manter as condición físicas e psicosociais dos maiores, previndo o deterioro  e a dependencia como principal instrumento dun envellecemento activo e saudable. Ofertar espazos de relación e convivencia, xunto coa actividade e mantenemento físico e cognitivo, ou a aprendizaxe de técnicas de benestar e habilidades sociais, deben primar nas políticas levadas a cabo por este concello.

Fagamos da cidade de Lugo un lugar onde os maiores poden desenvolverse con facilidade, onde as súas necesidades son atendidas adecuadamente e onde poden participar na sociedade como cidadáns depleno dereito. Pero para isto é preciso a mellora de equipamentos e zonas ao aire libre, ou dos servizos públicos en xeral, de xeito que se facilite aos maiores a normalidade nas súas vidas, o mantenemento das súas condicións de vida diaria e os seus dereitos cidadáns.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. A adhesión de Lugo á “Red Mundial de Ciudades y Comunidades Amigables con las Personas Mayores”e a implementación constante de melloras e infraestruturas municipais en consonancia cos fins desta adhesión.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies