EconomíaProposición

O PP non entende a negativa do bigoberno a poñer en marcha un plan de contratación municipal

By 24 Setembro, 2020Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular amosaron a súa sopresa despois de que o goberno local se negase a poñer en marcha un plan de contratación municipal para mellorar o funcionamento do Concello, acadar un maior rendemento dos recursos tanto materiais como persoais dos que dispón e a igualdade de oportunidades para todos os autónomos e empresas.

A Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 63.4 establece que “a publicación da información relativa aos contratos menores deberá realizarse polo menos trimestralmente. A información a publicar para este tipo de contratos será, polo menos, o seu obxecto, duración, o importe de adxudicación, incluído o Imposto sobre o Valor Engadido e a identidade do adxudicatario, ordenándose os contratos pola identidade do adxudicatario”. Lugo é a única cidade galega que non respecta a lexislación neste ámbito e non fai pública ningunha información dos contratos nin no portal de transparencia nin no perfil do contratante.

A falta de transparencia e o oscurantismo que se cerne sobre todo o que ten que ver coa contratación deste concello leva a dudar da falta de intencionalidade da mesma. Temos un concello que ten contratos millonarios caducados, que incumpre de xeito reiterado os compromisos adoptados (no ano 2018 se aprobou no pleno unha moción do PP para crear un sistema aberto de adquisición para contratos menores e dar publicidade e acceso a todos os autónomos e empresas) e incluso a lexislación vixente.

Un Plan Plurianual de contratación é a alternativa á situación actual deste concello, un informe que facilite una imaxe fiel da situación de todos os contratos do concello con información clara e precisa sobre a área, o obxecto, o importe, a duración, o estado e as incidencias ou modificacións que sufríu. Unha ferramenta para a organización interna municipal e para os autónomos e empresas que queren optar a estas contratacións, algo que resulta de vital importacia no momento no que nos atopamos e, fundamentalmente, no que esta por vir.

Dar aos autónomos e empresarios oportunidades de traballo no seu concello é un dos pilares da recuperación económica e social que requerirá un pulo extra debido á situación na que nos atopamos. O tecido empresarial da nosa cidade debe ter liberdade de acceso ás licitacións, debe fomentarse a publicidade e a transparencia das mesmas, a igualdade de trato entre candidatos, en conexión co obxectivo de estabilidade orzamentaria e do control do gasto.

É preciso tamén, salvaguardar e garantir a libre competencia e a garantía da elección da oferta económica máis ventaxosa sempre cunha planificación transparente que evite incertidumes por iso sería convinte a elaboración dun cronograma coas licitacións a curto e medio prazo, permitindo tamén reducir prazos ao ofrecer información previa dos mesmos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies