Proposición

Os socialistas votan en contra da iniciativa do PP para evitar indemnizacións millonarias polo Garañón

By 24 Xaneiro, 2017Xaneiro 26th, 2017No Comments

O voto en contra dos 8 concelleiros socialistas de Lugo da iniciativa para anular o Convenio das torres das Costas do Parque evidencia, unha vez máis que o PSOE está máis preocupado por defender os intereses do promotor desta aberración urbanística, en vez de protexer os  intereses dos veciños de Lugo. Malia a súa oposición conseguimos aprobar a proposición co apoio do resto dos grupos da oposición.

Na cidade hai edificios propiedade do Concello que carecen dun uso definido, esta situación débese en gran medida a non ter un proxecto de desenvolvemento urbano ben definido, que deixou un complexo mapa de infraestruturas infrautilizadas, as cales causan unha mala imaxe da cidade. Ademais corren o risco, debido a un deficiente mantemento de converterse nun foco de vandalismo. Nese sentido son numerosos os edificios existentes que precisan dunha actuación inmediata como son entre outros, as vellas ETAP e EDAR os depósitos de Frigsa e A Piringalla e o matadeiro municipal, entre outros.

Ante esta situación o Concello de Lugo debe adoptar as medidas oportunas para que os edificios anteriormente citados así como aqueloutros que se atopen nunha situación similar, poidan recuperarse por medio da súa rehabilitación, e sexan xestionados directamente polo Concello, outras Administracións ou por medio de asociacións ou empresas privadas interesadas co correspondente concurso público ou proceder á súa demolición se supoñen un perigo para as persoas.

A recuperación destes edificios permitiría a creación de espazos de participación cidadá para desenvolver actividades de promoción social, cultural ou deportiva, fomentando e dinamizando a vida social.

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular entendemos que é necesario que os membros da Corporación Local así como os técnicos municipais, realicen unha visita a estas instalacións coa finalidade de valorar o estado real no que se atopan estes edificios e as súas posibilidades, que permita unha posterior elaboración dun  plan de aproveitamento de instalacións sen uso que contemple as medidas a levar a cabo e recollendo os gastos correntes que supoñería para as arcas municipais

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

  1. Establecer unha programa de visitas nos meses de febreiro e marzo do presente ano, no que participen os membros de todos os grupos da Corporación, así como os técnicos municipais, co obxecto de comprobar o estado no que se atopan os edificios que son propiedade do Concello que na actualidade non teñen un uso definido e que se atopan nun estado de abandono, comezando por as vellas ETAP e EDAR os depósitos de Frigsa e A Piringalla e o matadoiro municipal.
  2. Que se elabore un plan de aproveitamento de instalacións sen uso, dirixido a planificar o futuro uso dos edificios, así como os gastos que suporía para as arcas municipais darlles unha nova utilidade.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies