Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular critican a postura tomada por PSOE e BNG de aplicar a democracia do rodillo e soterrar calquera iniciativa plenaria que leva as siglas da oposición. Nesta ocasión, ao votar en contra de recuperar o anfiteatro do campus para actos culturais seguros.
Nestes intres nos que a COVID obriga a manter unha distancia social é certo que se limitan moito as posibilidades de levar a cabo actividades culturais, artísticas e mesmo algunhas deportivas, dado que os espazos existentes, a meirande parte deles interiores, non están preparados para unha situación como a que estamos a vivir.
Mais os lucenses temos un espazo magnífico para poder disfrutar da cultura ao aire libre que é o chamado“anfiteatro” do Campus universitario. Este anfiteatro, enclavado nun magnífico entorno verde e con vistas cara ao río, dispón dun escenario de 800 m2 e de 2.500 prazas nas gradas, espazo de sobra para asistir a calquera representación cultural, aínda que haxa que axustalo para manter as distancias interpersoais.
Conta cunha situación privilexiada na cidade, que permite baixar tanto a pé, como en bicicleta, vehículo particular ou bus. Ademáis sitúase nunha zona cunha importante oferta de negociosde todo tipo, polo que a posibilide de realizar neste anfiteatro actividades municipais suporía tamén un pulo para toda a hostalería da zona.
Pero dende que se inaugurou no ano 2000, este anfiteatro está en continua degradación polo que a día de hoxe presenta un aspecto ruinoso: lousas arrincadas, escaleiras estragadas, cristais polo chan, etc. En 20 anos, nin a Diputación Provincial, como propietaria, nin ningunha outra administracion desta cidade foron quen de poñelo a funcionar.
O momento para o seu arranxo é agora, con tempo cara o verán, e propoñemos que sexa o Concello o que faga as xestións oportunas coas administraciones necesarias, aproveitando que a Concelleira responsable da Área de Cultura é asemade a Vicepresidenta da Diputación co que lle será fácil acordar o seu arranxo: subliñamos que o goberno deste Concello ten a responsabilidade directa ou indirecta de que as instalacións públicas existentes no municipio estean en perfecto estado, para que poidan ser empregados por todos os lucenses de forma segura e con tranquilidade.
Do mesmo xeito, o Concello debería ser quen de pensar en aproveitar este espacio, polo que propoñemos que faga unha Programación estable con eventos culturais e do mesmo xeito, que permita a grupos e asociacións culturais, sociais e deportivas da nosa cidade, expoñer neste enclave a súa actividade.
Por todo isto o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, propón unir os esforzos de todos e considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
- Que o Concello faga as xestións necesarias coa Deputación Provincial de Lugo e calquera outro organismo implicado, para impulsar a recuperación do Anfiteatro do Campus Universitario de Lugo, de xeito que estea operativo para a primaveira/verán do 2021.
- Que o Concello elabore unha Programación cultural que lle dea un uso estable a este Anfiteatro que implique un pulo á zona da cidade na que se está situado.