PersoalProposición

O PP consegue o apoio do pleno para actualizar a Relación de Postos de Traballo do Concello

By 24 Novembro, 2016No Comments

O vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide defendeu no pleno a necesidade de actualizar a Relación de Postos de Traballo do Concello conseguindo o apoio unánime do resto dos grupos políticos da corporación de Lugo. O Partido Popular reclama que este documento se elabore antes do debate dos orzamentos para o vindeiro 2017.

A Relación de Postos de Traballo (RPT) é un instrumento técnico utilizado nas Administracións Públicas para a organización dos recursos humanos, de acordo coas necesidades dos servizos. Nelas precísanse as características dos postos de traballo e os requisitos para o seu desempeño.

A RPT do Concello de Lugo publicouse no Boletín Oficial da Provincia o 29 decembro do ano 2006 e reflicte a situación dos postos de traballo no momento en que se realizou a extracción dos datos, polo que na actualidade está obsoleta xa que se produciron importantes variacións que afectan ás situacións dos postos de traballo, polo que é necesario que se axuste á actual situación da plantilla orgánica, xa que hai moitos funcionarios que ocupan postos de traballo que non están recollidas na RPT e hai outros que si o están pero que non están cubertos.

Por outra banda a RPT é a ferramenta perfecta para realizar a reasignación de efectivos que precisa o Concello porque hai servizos con falta de persoal e hai outros que poderían prescindir dalgúns efectivos para redestinalos a outros.

Tamén serviría para dar resposta á situación na que se atopan na actualidade os membros da Escola Municipal de Música que ofrece un servizo a máis de 700 usuarios, deste xeito daríaselle unha solución a estes traballadores e permitiría a continuidade desta Escola.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Instar ao Goberno Local a levar a cabo os trámites necesarios para a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) antes da aprobación dos orzamentos para o ano 2017.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies