O GarañónProposiciónUrbanismo

Os socialistas, único grupo da corporación, que vota en contra da modificación puntual do PXOM do Garañón

By 28 Marzo, 2017Marzo 30th, 2017Sin comentarios

Malia os votos en contra dos concelleiros socialistas, hoxe, conseguimos co apoio do resto dos grupos da oposición e sacamos adiante unha proposición para que o vindeiro luns a alcaldesa convoque a Comisión do Garañón e, nela, decidir que pasos dar para derrubar as Torres do Garañón e organizar este espazo primando sempre os intereses dos veciños.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou unha sentenza na que anula en parte a Orden de 29 de abril da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pola que se aprobou definitivamente de forma parcial o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lugo, no concernente á ordenación urbanística da unidade de actuación CS-5 (actualmente URPI-58) por ser contraria a dereito, invalidando o desenvolvemento urbanístico (PERI) e o convenio asinado co promotor no ano 2005.

Ante esta situación dende o Grupo Municipal do Partido Popular propoñemos que o Concello de Lugo deseñe o futuro urbanístico destes terreos e para iso é preciso actuar con dilixencia, e entendemos que se debe facer unha modificación puntual do PXOM con ordenación detallada. Polo que sería preciso tomar un acordo desta modificación e que esta leve aparellada a suspensión de licencias, en todo caso antes de que se presente por parte de calquera outro propietario un desenrolo alternativo, por iso a urxencia de acordar en pleno esta modificación e suspensión de licencias a maior brevidade posible.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Instar ao Goberno Municipal a que eleve a pleno  de forma urxente o acordo de modificación puntual do PXOM con ordenación detallada na unidade de actuación URPI 58,  antiga CS-5 (Garañón), e o seu entorno PERI 1 (antiga CS-9) así como a correspondente suspensión de licencias.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies