InfraestruturasSen categoríaUrbanismo

Proposición para instalar ascensores en el Sagrado Corazón e Fontiñas

By 30 Xuño, 2016No Comments

Na liña de mellorar a mobilidade e a accesibilidade de Lugo o Partido Popular conseguiu o apoio da corporación a unha iniciativa na que se reclama axilizar a instalación de dous elevadores públicos para salvar os desniveis que hai nos barrios do Sagrado Corazón (nas escaleiras da rúa Adolfo Suárez) e en Fontiñas (á altura de Ramón Montenegro).

 PROPOSICIÓN RELATIVA Á INSTALACIÓN DE ASCENSORES NA AVENIDA DAS FONTIÑAS E NO BARRIO DO SAGRADO CORAZÓN

O concepto de accesibilidade dirixiuse inicialmente a mellorar as contornas físicas a través da eliminación de barreiras arquitectónicas, e na actualidade enténdese como un conxunto de medidas moi diversas que deben ser tidas en conta na elaboración de estratexias políticas ou sociais, de tal modo que a accesibilidade sexa universal a través dun deseño para todos con independencia da capacidade funcional das persoas.

No municipio de Lugo existen zonas nas que é necesario mellorar a accesibilidade, como é na confluencia da Avenida das Fontiñas con Ramón Montenegro onde hai un gran desnivel o cal é salvado por unhas escaleiras  que dificultan a mobilidade, así como na Avenida Carlos Azcárraga que comunica co barrio do Sagrado Corazón.

En ambos casos a instalación dun ascensor serviría para salvar os desniveis existentes e desa forma mellorar a calidade de vida dos veciños.

No barrio do Sagrado Corazón se dá a circunstancia que o PSOE desde o ano 2007 prometeu e anunciou a instalación do ascensor, pero a pesar de que a obra foi adxudicada en abril de 2015 cun prazo de execución de catro meses, aínda a dia de hoxe non foi instalado.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE.

  1. Instar ao Goberno Municipal a redactar o proxecto e licitación das obras para a instalación dun ascensor que comunique a Avenida das Fontiñas coa rúa Ramón Montenegro.
  2. Instar ao Goberno Municipal a que as obras de instalación do ascensor que comunique a Avenida de Carlos Azcárraga e o barrio do Sagrado Corazón se inicien de maneira inmediata.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies