Os populares agradecen a unanimidade do pleno para realizar a circunvalación de O Burgo e agardan que o Concello de Lugo inste no menor prazo á Deputación a acometer esta obra.
No ano 2016 o pleno do Concello de Lugo acordaba por unanimidade instar á Deputación Provincial a execución do proxecto de ensanche e mellora da CP2901 dende o punto quilométrico 3,3 ata o 5,4.
A estrada de titularidade provincial, que vai dende a LU-232 a Palas de Rei e que transcorre por O Burgo e Vilamaior de Negral, conta cun proxecto elaborado pola Deputación Provincial consistente en ensanchar e mellorar a variante de O Burgo.
Este proxecto iniciouse en abril de 2006 en base a acordos de aprobación do Plan de Obras e Servizos e Plan provincial de Estradas do 2005, nos que figuraba esta obra, acadando a súa aprobación definitiva no ano 2013.
Hai que ter presente que esta obra sacaría tráfico rodado da travesía de O Burgo onde coinciden o Camiño Primitivo e a estrada provincial, e que obriga a convivir a peregrinos con vehículos, maquinaria agrícola e gando, o que xenera múltiples situacións de inseguridade viaria e supón un risco para os usuarios da vía.
Trátase dunha vía cunha alta densidade de tráfico, que comunica Lugo con Friol e Guntín. Se a esto se lle suma que se trata dun tramo do Camiño Primitivo e que estamos ante un ano Xacobeo, que incrementará significativamente o número de peregrinos, fai que esta vía, estreita e de dobre dirección, sexa un embudo que precise de medidas de seguridade. É preciso dotar a esta vía de un paso seguro para os camiñantes e da reducción das cunetas, que coa nova capa de asfalto viron incrementada a súa profundidade, dificultando o seu uso para que os peregrinos se podan apartar á beira.
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
PRIMEIRO.- Que se inste á Deputación Provincial a levar a cabo a construcción da variante da estrada CP2901 como alternativa ao paso de O Burgo para mellorar a seguridade do Camiño Primitivo.
SEGUNDO.- A raíz das queixas dos veciños das parroquias polas que transcorre a LU2901, ínstase á Deputación Procincial a realizar de xeito urxente o mantenemento e repavimentación do tramo de 7 quilómetros que une nesta estrada O Burgo co cruce de San Román da Retorta.”