Deportes

O PP sorprendido de que Lara Méndez e Rubén Arroxo se negasen a promover hábitos de vida saudable entre os lucenses

By 27 Maio, 2021Sin comentarios

Os populares sinala que estas accións poderían realizarse en colaboración cos ximnasios de Lugo para axudarlles a aliviar o complicado momento polo que están a pasar.

O Grupo Municipal do Partido Popular propón iniciar os trámites precisos para a elaboración dunha campaña de promoción do deporte e dos hábitos de vida saúdables en colaboración con asociacións, entidades e empreas vinculadas ao sector, como poden ser os ximnasios.

Lugo forma parte da  ‘Red Española de Ciudades Saludables’ e debe dar prioridade á mellora, o benestar e ao medio ambiente físico, mental e social dos veciños da nosa cidade.

As administracións locais e máis concretamente os concellos, por ser as máis cercanas aos cidadáns, teñen a obriga de incentivar o cambio daqueles factores que inflúen na saúde e un xeito de facelo é levar a cabo accións dirixidas a fomentar a mellora de hábitos alimenticios, a práctica de actividade física, a prevención da obesidade, a redución do consumo do tabaco, o alcohol ou calquera tipo de sustancias aditivas, a previr enfermedades, a impulsar medidas que contribúan a propiciar un envellecemento activo e saúdable, en definitiva, fomentar a saúde.

É o momento de levar a cabo campañas e accións de promoción do deporte e dos hábitos de vida saudables, de axudar á xente a perder o medo para que podan comenzar a sair de casa, recuperar o movemento e facelo sempre con garantías e seguridade. Lugo debe ser unha cidade saudable, creando un entorno que facilite e favorezca os estilos de vida máis sans.

Nestes intres o Concello debería buscar a transversalidade das súas actuacións e tratar de que este tipo de actividades sirvan de revulsivo a aqueles autónomos e empresas que están a padecer as consecuencias da Covid-19. Un sector clave serían os ximnasios que, buscando liñas de colaboración, poderían levar a cabo actividades de promoción do deporte e da vida saúdable. Actividades que poden desenvolverse nas rúas ou nas prazas de xeito que se de visibilidade, facendo exhibicións ou actos públicos deportivos, coordinadas con actidades sobre nutrición, consellos para a saúde, ergonomía…

Estamos a falar de actividades esenciais en tanto están vinculados coa saúde, e dun sector que sufriu as consecuencias da pandemia ao ter que pechar as súas portas durante un período prolongado de tempo. Un período no que non foron quen de facturar xa que non prestaron servicios, pero que tiveron que afrontar o 100% das tasas e impostos municipais que non foron reducidos en ningún concepto, e que xa foi reclamado polo Grupo Municipal do PP en reiteradas ocasións, tanto para esta actividade como para outras que se atopan en circunstancias similares.

Na anterior crise, alá polo 2012, estos establecementos viron como a súa actividade pasaba ao tipo xeral. Se estamos a falar de que se trata dunha actividade esencial, parece procedente que se lle aplique o tipo reducido do 10%.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Que o Concello programe para os anos 2021 e 2022 actividades dentro dunha programación que fomente hábitos de vida saudables dirixidos aos veciños de Lugo, dando prioridade a nenos e mayores e coa colaboración de aqueles autónomos, empresas e entidades que precisan dun revulsivo para superar as consecuencias da pandemia como os ximnasios e os sectores vinculados coa saúde e a vida saúdable.
  2. Que se den incentivos a estas empresas ou asociacións que son quen de fomentar estos hábitos, como, por exemplo bonos ou tiquets de desconto neste tipo de actividades, mediante un programa de colaboración co Concello de Lugo.
  3. Demandar ao Goberno de España as modificiacións oportunas na lexislación estatal co obxecto de reducir o tipo impositivo do Imposto sobre o Valor Engadido do 21% ao 10% en todas as prestación de servizos deportivos e de actividade física prestados a persoas físicas que no estean xa exentos conforme a normativa en vigor.
  4. Complementar as accións propostas anteriormente con bonificacións ou exencións de impostos e tasas municipais aos colectivos afectados pola pandemia.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies