CulturaProposición

O PP acada a unanimidade do pleno para que Lugo se adhira á Historia Social Electrónica Única da Xunta

By 26 Setembro, 2019No Comments

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo acadou a unanimidade do pleno para que o Concello de Lugo se adhira á Historia Social Electrónica Única coa que se axilizarán trámites e se acurtarán os tempos de resposta á cidadanía en xestións do ámbito social.

A Historia Social Única Electrónica (HSUE) púxose en marcha no ano 2016 nos concellos de Boqueixón, Brión, Tordoia e Viveiro. Tras unha fase de probas iniciouse a súa extensión a outros concellos co apoio da Federación Galega de Municipios e Provincias, a través dun convenio.

Máis de 250 Concellos empregan xa esta plataforma, que facilita a coordinación dos axentes que participan na prestación dos servizos sociais. O sistema de HSUE integra toda a información e documentación relevante relativa ao ámbito social xerado nos diferentes niveis de prestación e atención.

A extensión da Historia Social Única Electrónica, supón un fito no campo dos servizos sociais, similar á posta en marcha da Historia Clínica no campo sanitario ao integrar nun mesmo sistema todos os datos relativos á historia social do individuo, incluíndo a situación persoal, social e familiar; as súas demandas, prestacións, servizos e recursos, así como valoracións, intervencións seguimento e avaliación por parte do sistema de Servizos Sociais, ademais de información referente a profesionais e a institucións e organizacións que interveñen nas mesmas.

A HSUE configura un modelo de historia social única electrónica que garante, de maneira segura, a accesibilidade de toda a información social aos profesionais técnicos que desenvolven a súa actividade para o sistema de servizos sociais de Galicia, por iso é necesario compartir a información tanto dentro do ámbito do sistema galego de servizos sociais como doutros sistemas relacionados co benestar, como poden ser o sistema público de saúde, o sistema de educación ou emprego, e busca como obxectivo optimizar os recursos públicos prestados ás persoas usuarias que son comúns aos deferentes sistemas. Nos últimos meses dotouse á plataforma de novas prestacións como a firma dixital e a integración coa aplicación informática que empregan os traballadores sociais comunitarios e a posibilidade de realización de novos informes, como o proxecto de integración social. A adhesión do Concello de Lugo á Historia Social facilitará o traballo dos profesionais dos servizos sociais e contribuirán a acurtar os tempos de tramitación.

Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

Que o Concello de Lugo formalice a súa adhesión á Historia Social única Electrónica, para facilitar o traballo dos profesionais dos servizos sociais e contribuir a acurtar os tempos na tramitación dos expedientes.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies