InfraestruturasProposiciónUrbanismo

O PP consegue a unanimidade do pleno para que o Concello de Lugo realice un plan para eliminar tapóns urbanísticos

By 27 Febreiro, 2020No Comments

O Grupo Municipal do Partido Popular tamén conseguiu o consenso de toda a corporación para que o Concello de Lugo elabore un censo dos tapóns urbanísticos que hai na cidade e que así se poida poñer en marcha un plan de supresión destes tapóns urbanísticos dotado das partidas económicas suficientes e no que se estableza unha planificación priorizando as que máis risco xeneran aos peóns e máis dificulten a mobilidade na cidade.

En pleno século XXI nos atopamos, na práctica totalidade dos barrios de Lugo, con rúas e beirarrúas que se estreitan porque se atopan con edificios, muros ou fincas creando tapóns urbanísticos que entorpecen o tráfico e a mobilidade dos peóns, creando en ocasións, non só dificultades á circulación, senón mesmo creando perigo para os propios peóns.

Co ánimo de devolver espazos públicos ao vecindario reclamamos que o goberno local leve a cabo unha planificación que impulse a eliminación destes obstáculos en vía pública.

Resulta evidente que é imposible eliminar todos os tapóns urbanísticos que existen na cidade de golpe, tanto pola complexidade administrativa como pola carga económica pero, en calquera caso é necesario afrontar esta problemática sen máis demora para que estas barreiras se supriman no menor tempo posible.

Algúns dos barrios e puntos afectados serían Camino de Pipín, Camiño de Friás entre o Sagrado Corazón e Galegos, Carril das Hortas entre Fontiñas e Rei Don García, Rúa San Xillao entre Fontiñas e Rei Don García, Xosé Novo Freire ente Ronda das Mercedes e Praza Fonte do Rei, Rúa Mazaira, Rúa Rof Codina ou Rúa Ramos Misioné, entre outros…

Sería convinte priorizar as actuacións e iniciar os trámites para eliminar os tapóns nos puntos máis perigosos para os cidadáns, ben porque están na inmediación de centros escolares, garderías, instalacións deportivas, centros de maiores e non queda espazo para o paso dos peóns, continuando de xeito progesivo para eliminar os demáis.

Por todo elo solicitamos:

• A elaboración dun censo de tapóns urbanísticos que hai na cidade de Lugo
• Posta en marcha dun plan de supresión de tapóns urbanísticos dotado das partidas económicas suficientes e no que se estableza unha planificación priorizando as que máis risco xeneran aos peóns e máis dificulten a mobilidade na cidade.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies