Cristina Abades agarda que se materialice este acordo e o Concello de Lugo se sume ás reivindicacións realizadas por outros municipios para que o Goberno central reformule as axudas estatais e avanzar nun novo sistema de financiamento das entidades locais.
As entidades locais sufriron dende o inicio da pandemia o abandono, o desprezo e a deslealdade do goberno de España.
O goberno que afirmou que non ía “dejar a nadie atrás” non só non destinou un só euro novo para apoiar a Concellos, Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares senón que tentou confiscarlles os remanentes acumulados durante os últimos 9 anos e, por último, decidiu que a participación das entidades locais na xestión dos Fondos Europeos de Recuperación e Resiliencia sexa residual e totalmente afastada do peso real que estas administracións teñen sobre o gasto público total.
Mentres esto ocorría, os Concellos, Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares de toda España puxéronse á fronte da loita contra o virus e da crise económica e social derivada da pandemia e da deficiente xestión realizada polo goberno da nación
Puxeron en marcha novos servizos e axudas para atender a emerxencia sanitaria e para responder á emerxencia social que sofren moitos españois que viron como o virus poñía en risco non só a súa saúde senón tamén o seu traballo e expectativas de vida.
Entre estes novos servizos e axudas podemos mencionar: novos servizos de axuda a domicilio para reducir os contaxios entre os maiores e os máis vulnerables evitando que tivesen que saír das súas casas; entrega de computadores aos seus veciños para que, tanto nenos como adultos, puidesen continuar coas súas clases e os seus traballos con normalidade e en igualdade de condicións que o resto dos seus compañeiros; aumento das axudas de emerxencia social para facer fronte ás ‘colas del hambre’; posta en marcha en tempo récord de servizos e actividades ‘on line’; novos servizos sanitarios para apoiar á poboación; novas axudas para paliar as necesidades das familias e empresas afectadas polo Covid-19, etc.
Uns novos servizos e axudas que, xunto ás perdas derivadas do mantemento de determinados servizos públicos por orde do goberno de España – como o transporte de viaxeiros- cando a demanda era inexistente; as compensacións que se deben realizar aos adxudicatarios de servizos públicos debido á inactividade e/ou redución das horas que deben prestar e o aumento extraordinario de gastos como os da limpeza de edificios e instalacións públicas; incrementaron notablemente o gasto das entidades locais
A iso engádese, as rebaixas fiscais que as entidades locais puxeron en marcha para aliviar as cargas económicas de empresas e familias e a redución de ingresos derivada da crise económica que se viu agravada pola pandemia e a neglixente xestión da mesma realizada polo goberno central.
Ante esta situación nin o Presidente do Goberno, nin a Ministra de Facenda nin os sucesivos Ministros de Política Territorial y Función Pública atenderon as demandas realizadas polas entidades locais.
Por todo isto, o pasado 22 de marzo 10 alcaldes de diferentes formacións políticas, preocupados polo futuro das súas cidades e veciños e en representación da maioría de dirixentes das entidades locais españolas, reuníanse para reclamar ao goberno de España que atendese as peticións realizadas polos Concellos, Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares que non teñen outro obxectivo que poder seguir prestando uns servizos públicos de calidade aos seus veciños e apoiándoos nesta crise sanitaria, económica e social.
Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo, presenta a siguiente:
PROPOSTA DE ACORDO
O Concello de Lugo fai súas e apoia de xeito firme as seguintes peticións que se recollen no Comunicado Conxunto asinado polos alcaldes de Cádiz, Gerona, Lérida, Madrid, Reus, Santa Cruz de Tenerife, Torrelavega, Pamplona, Valencia e Zaragoza:
- Solicitamos ao Goberno de España reformular as axudas estatais aos municipios, avanzar nun novo sistema de financiamento das entidades locais que mellore o actual e definir o acceso ao financiamento europeo dos concellos respecto aos fondos asignados a España por importe de 140.000 millóns de euros.
- Reclamamos ao Goberno central os seguintes puntos:
- A aprobación de xeito urxente dun Fondo de Reconstrución Local por valor, polo menos de 4.000 millóns de euros.
- A achega dun Fondo do Transporte de polo menos 1.000 millóns de euros, ampliables para poder facer fronte aos efectos que poidan producirse durante 2021.
- O recoñecemento do protagonismo que as Entidades Locais deben ter na xestión directa de Fondos da Unión Europea para a Reconstrucción, facendo efectiva a transferencia do 14’56 % dos mesmos que equivale á participación da Administración Local no gasto público do Estado.
- Reivindicamos o papel fundamental que xogaron todos os concellos na xestión da crise sanitaria e económica ocasionada polo coronavirus, independentemente da súa cor política ou da súa situación económico-financiera. O combate contra a pandemia supuxo un gran buraco financieiro para custear os servizos públicos que precisan os nosos veciños.
- Igualmente, reivindicamos os acordos alcanzados por unanimidade no seo da FEMP para reclamar ao Goberno de España que arbitre un sistema de axudas a todos os concellos que permitan facer fronte ás dificultades económicas ocasionadas pola crise sanitaria do coronavirus. Estas axudas son imprescindibles para que os municipios sigan a prestar os seus servizos públicos e axudando a quen máis o precisa durante a actual crise económica.
- Comprometémonos a seguir defendendo a igualdade e a solidariedade no reparto dos fondos estatais entre os municipios, así como a preservar os intereses de todos os cidadáns independentemente do municipio no que residan e da situación económica na que se atopan os concellos.
Dar traslado deste acordo ao Presidente do Goberno, á Ministra de Facenda, ao Ministro de Política Territorial y Función Pública, aos Portavoces de Grupos Políticos do Congreso, Senado e do Parlamento de Galicia e á Xunta de Goberno da FEMP.