DeportesProposición

O PP acada a unanimidade do pleno para que o Concello cree un novo pavillón na cidade

By 31 Outubro, 2019Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular acadou a unanimidade do pleno para que o Concello de Lugo cree un novo pavillón deportivo multidisciplinar en Lugo e un regulamente de uso das instalacións deportivas existentes, polo que agarda que esta demanda, que non é nova no concello se cumpra nesta ocasión.

No Concello de Lugo son numerosas as persoas e entidades que fan uso das instalacións deportivas, o que provoca que en moitas ocasións as mesmas se atopen colapsadas, polo que é necesario incrementar as infraestruturas para deste xeito ofrecer un mellor servizo, nese sentido consideramos prioritario a construción dun pavillón multidisciplinar que permita desconxestionar as instalacións existentes.

Igualmente é necesario a elaboración dun Regulamento para o uso das instalacións deportivas municipais, para regular e clarificar os dereitos e obrigas que teñen os usuarios, que sen dúbida redundará de forma positiva na organización das actividades que se leven a cabo e, desta forma, satisfacer as necesidades dos clubes e das persoas que fan uso das mesmas.

Hai que ter presente que o artigo 4.1 a) da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local concede aos municipios as potestades regulamentarias e de autoorganización. Cualificado como ben demanial e de servizo público o patrimonio municipal susceptible de utilización por entidades veciñais, grupos, colectivos e institucións, de acordo co artigo 4 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, do 13 de xuño de 1986, é o artigo 74.2 do mesmo texto legal o que dispón que o uso dos bens de servizo público rexerase ante todo polas normas do Regulamento de Servizos das Entidades Locais, cuxo artigo 33 establece que as Corporacións Locais determinarán na regulamentación de todo servizo, as modalidades de prestación, os deberes e dereitos dos usuarios.

Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

1. Instar ao Goberno Local a que inclúa nos orzamentos do ano 2020 unha partida orzamentaria destinada a construír un pavillón multidisciplinar.
2. Aprobar un Regulamento de uso de instalacións deportivas que defina o deseño de organización e funcionamento das instalacións deportivas do municipio.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies