Economía

O PP critica que PSOE e BNG voten en contra de implementar novas medidas de axuda económica aos lucenses

By 30 Xullo, 2020Agosto 1st, 2020Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP non comprenden como Lara Méndez e Rubén Arroxo votan en contra e néganse a sentarse a falar co grupo maioritario da corporación para acordar as medidas económicas que o Concello de Lugo debe poñer en marcha para axudar aos lucenses que peor o están a pasar debido á crise do coronavirus, despois de que se evidenciase o fracaso do Plan Reanima, ao votar en contra de poñer en marcha novas medidas de axuda aos lucenses.


O Concello de Lugo tiña destinados 5 millóns de euros ao Plan Reanima, 4 deles destinados a autónomos e empresas e 1 millón a familias.

Pois ben a realidade é que as axudas destinadas a autónomos e empresas realmente concedidas alcanzaron a contía de 2.6 millóns de euros, o que representa un 64,6 % da contía destinada a este grupo, quedando por tanto unha contía sobrante de 1,4 millóns de euros.

Polo que respecta á contía destinada ás familias o resultado foi aínda máis pírrico, xa que únicamente chegaron aos seus destinatarios cuarenta e oito mil euros, é dicir, un 4,8% do total, existindo polo tanto unha contía sobrante de preto dun millón de euros, é dicir, un 95% do total.

A realidade por tanto é que case a metade da contía total dispoñible, en concreto 2,4 millóns de euros, que supoñen  47,4 % do total quedou sen inverter e sen chegar aos lucenses que máis o necesitaban.

Pode parecer unha cuestión menor pero non o é, o importante non é a contía que se destina a un fin senón a contía que realmente chega aos seus destinatarios, máxime cando estamos a falar dunha situación crítica como a actual. Todo o demais son meras declaracións que poden servir para acadar titulares pero non para pagar facturas e evitar o peche de empresas e o alivio das familias.

Unha porcentaxe tan baixa de execución do Plan Reanima  pon de relevo que as bases que rexiron a convocatoria de axudas eran francamente mellorables.

Somos conscientes da premura coa que se elaboraron as anteriores dada a urxencia coa que era necesario poñer en marcha o proxecto, pero é certo que existindo un remanente importante  e dispoñendo de máis información, é necesario agora mellorar na medida do posible as citadas bases de xeito que permitan que as axudas cheguen ao maior número de beneficiarios posible, todo iso sen perder os controis que a administración ten que ter sobre os seus fondos e o destino dos mesmos.

É obvio que coa situación na que se atopan moitas familias lucenses que se viron afectadas de xeito moi importante polos efectos económicos do COVID-19, que únicamente se concedan 405 axudas por un valor medio de 120€ ten que invitar á reflexión ao goberno local, algo non se fixo todo o ben que se podía.

O Concello de Lugo conta agora con outra ventaxa posto que co número de chamadas, correos electrónicos, etc. que se produxeron, nos que se pedía información e se plantexaban dúbidas, o Concello dispón de moita información para poder coñecer onde se atopan as eivas das bases das axudas, de xeito que nunha próxima convocatoria pode evitar cometer os mesmos erros ou, alomenos, eliminar aquelas barreiras que impiden unha áxil xestión das axudas que combinen un control do destino das mesmas é a súa vez que sexan sinxelas de tramitar polos seus destinatarios e non teñan requisitos que é posible que impidan o acceso as mesmas a pesar de tratarse de membros de colectivos afectados pola crise.

É por iso que dende o Grupo Municipal do PP propoñemos que os case dous millóns e medio de euros, que é case a metade do que o Concello de Lugo dedicou ao Plan Reanima, se dedique a un novo plan que permita non só soster aquelas familias, empresas e autónomos, que se viron máis afectados pola crise derivada don COVID-19, senón tamén a novos emprendedores que, a pesar de incerteza da situación, se deciden a poñer en marcha unha empresa ou negocio.

Por iso propoñemos que o citado plan teña como destinatarios por un lado aos autónomos e empresas que, sufrindo un forte impacto pola crise económica derivada do COVID-19, non puideron solicitar as axudas por algún requisito dos pregos que poda e deba ser revisado nunha nova convocatoria para garantir a pervivencia da actividade de autónomos, negocios e empregos e axudar ás empresas a acometer proxectos de modernización e dixitalización.

Por outro lado que teña tamén especialmente en conta ás familias, algo non estaba ben deseñado cando máis do 95% da contía dedicada a este grupo quedou sen gastar.

Parece evidente que hai que revisar as bases e conseguir eliminar os atrancos que impiden que as axudas cheguen a aquelas familias que máis o necesitan.

En terceiro lugar deberían ter cabida tamén no citado plan as asociacións, especialmente aquelas que prestan servizos no eido social e asistencial e que, froito da situación, viron como o número de usuarios dos seus servizos medrou de xeito exponencial durante estes meses.

Moitas delas non teñen capacidade económica para facer fronte a unha situación como a que nos atopamos, e o seu labor é fundamental, e o será aínda máis si a situación económica xeral empeora no último trimestre do ano. Por iso, para evitar que, si é o caso, sexa necesario facer outro plan ás présas, plantexamos que se elabore  un novo Plan no que se contemplen este tipo de asociacións e as súas particularidades e non queden excluídas como aconteceu no primeiro plan do Bigoberno

E xa por último, o citado plan debería servir non solo de soporte económico para aqueles colectivos máis afectados senón tamén de estímulo para novos emprendedores que queiran poñer en marcha proxectos empresariais que poidan xerar emprego na nosa cidade, axudas a fondo perdido, para iniciativas á creación de empresas, a alta de autónomos e á creación de emprego

En definitiva, trátase de que a contía do Plan Reanima que non alcanzou o fin previsto, que non é outro que chegar a todas aquelas familias, empresas e autónomos que se viron máis afectados pola crise económica derivada do COVID-19, o poida facer ao través dun novo Plan que, con unha elaboración máis pausada das súas bases, e tendo en conta a información da que se dispón e incluso a opinión das asociacións de autónomos, empresarios, asociacións, etc. poida ser máis efectivo e conseguir chegar a quen realmente máis o necesita. Sería unha mágoa que a metade do orzamento previsto para este fin non se conseguise que chegue aos que verdadeiramente o necesitan por unha incapacidade de xestión do goberno local.

 

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular que suscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

 

  • Empregar os case 2,4 millóns de euros sobrantes do Plan Reanima e incrementar esta partida, si é preciso, para a posta en marcha dun novo plan de estímulo á economía local e ao empredemento, que esté adaptado ás necesidades reais dos veciños do municipio de Lugo con axudas:
    • Axudas a fondo perdido e asesoramento a emprendedores que por mor do Covid-19 viron truncados os seus proxectos ou precisan de un pulo puntual para continuar a loitar polos seus negocios
    • A autónomos e empresas que viron afectada a súa actividade, ou que se viron obrigados a pechar os seus negocios, para que podan retomar a súa actividade con garantías económicas que permitan o futuro das súas actividades e a consolidación dos empregos, así como acometer medidas de modernización e dixitalización dos seus negocios
    • A entidades sociais afectadas pola crise do Covid-19 ou que viron incrementado o seu número de usuarios para  que poidan dar a resposta que a sociedade necesita neste momento

Ás familias que precisan axudas para a conciliación e para seguir adiante trala crise sanitaria e económica

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies