Os concelleiros populares alégranse de que se aprobase a proposta para esixir a que Renfe recupere todos os servizos que prestaba ata a declaración do Estado de Alarma, a pesar do voto en contra de Lara Méndez, xa que se eliminaron 22 traxectos ferroviarios nos últimos meses na provincia
A primeira documentación histórica que fala da existencia dos caneiros en Lugo data do século XI, o que nos fai conscientes da relevancia que teñen estas construccións fluviais ó longo do tempo na nosa cidade. Estes caneiros ascenden a un total de 26 no tramo fluvial do Río Miño que discorre polo municipio e trátase dunhas estruturas que permiten a unión de ambas márxenes do río e que a día de hoxe permanecen en estado de abandono e semiderribados. O seu desuso, o paso do tempo e as riadas invernais fan que os caneiros vexan mermadas as funcións para as que foron previstos, garantir o nivel de auga preciso para manter o habitat natural das contornas do río ou favorecer actividades de lecer ou mesmo a pesca fluvial.
O municipio de Lugo é especialmente rico neste tipo de edificacións fluviais xa que actualmente no municipio de Lugo temos caneiros nas inmediacións do Club Fluvial, do balneario, A Tolda, Orbazai, Conturiz ou Cuiña, entre outros, pero todos eles presentan a mesma problemática, estase a deixar morrer a súa existencia e o seu significado. Hoxe prácticamente carecen de uso no referente a pesca fluvial xa que se volven impraticables por falta dun mínimo de mantenemento. Alá polo ano 2009 o alcalde da nosa cidade presentaba un libro sobre os caneiros e comprometía a restauración dalgunha destas singulares estruturas. Once anos despois nin concello nin Confederación foron quén de levar a cabo ningún traballo nos mesmos. Hai que decir que esta é outra das moitas promesas incumplidas nos vinte anos de gobernos socialistas na nosa cidade.
A gran mayoría destes caneiros son privados, pero o situado fronte a Fábrica da Luz é municipal e, polo tanto, a súa reparación é competencia e responsabilidade do concello, do mesmo xeito que o que se atopa fronte ó balneario é competencia do Estado, a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, o ter sido extinguida a concesión administrativa que deixaba a súa explotación a persoas particulares. Concretamente neste último, a Confederación Hidrográfica ten un proxecto de rehabilitación do Caneiro do Muíño cunha inversión que ascende a máis de 300.000€. É o momento de que este goberno se congratule cos veciños da cidade e interceda ante o goberno central para proceder á inmediata reparación dos Caneiros do Miño, antes de que finalice a tempada estival e aumente o caudal do río de xeito que se faga imposible actuar sobre el, tanto polo nivel da auga como polo garante da seguridade dos traballadores encargados de dita actuación.
Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular que suscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
- Instar ó Goberno central a iniciar os trámites oportunos para a rehabilitación e reparación dos Caneiros existentes no Río Miño ao seu paso polo municipio de Lugo.