Un dos principais problemas que ten as zonas rurais é o despoboamento e a falta de dotacións polo que é preciso que, por parte das Administracións Públicas, se adopten políticas encamiñadas a fixar poboación e a poñer en valor a recuperación do seu patrimonio construído.
Nese senso a Xunta de Galicia pretende impulsar o asentamento de persoas nestas áreas a través do programa “Impostos Cero” para a adquisición de vivendas nas zonas rurais pouca poboadas eximindo do pago do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
A zona rural do Concello de Lugo ten un peso específico na configuración do seu territorio conformado por un total de 54 parroquias, polo que o Goberno Local debe tamén colaborar coa adopción dun paquete de medidas fiscais que complemente as adoptadas pola Xunta de Galicia.
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:
- Que se estude a posibilidade de establecer unha bonificación de ata o 90% na cota íntegra do Imposto de Bens Inmobles tradicionais que se rehabiliten na zona rural de Lugo, durante os tres períodos impositivos consecutivos seguintes ao remate das obras.
- Que se estude a posibilidade de establecer unha bonificación de polo menos o 50% no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras e na Taxa pola Prestación de Servizos Urbanísticos das edificacións tradicionais da zona rural.
- Que se estude a posibilidade de establecer unha bonificación do 95% na Taxa por Licenzas de Apertura de establecementos así como na Taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas e declaracións responsables na implantación de actividades nas edificacións tradicionais rurais.