Zona rural

O PSOE da de novo as costas aos veciños do rural ao poñerse de perfil na dotación de abastecemento e saneamento

By 2 Abril, 2018Sin comentarios

Os populares acadaron o aopoio de todos os grupos de pleno (Lugonovo, Ciudadanos, BNG e ACE-Eu) agás o PSOE, que optou pola abstención, para dotar de saneamento e abastecemento aos veciños de Conturiz e Cardoso, en San Mamede dos Anxos.

A Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local, establece no seu artigo 26 que os Municipios deberán prestar, en todo caso, os servizos de abastecemento domiciliario de auga potable e rede de sumidoiros, sobre a base destes preceptos legais o Concello de Lugo ten a capacidade, así como a obriga de prestar determinados servizos entre os que se encontra os anteriormente citados.

 

O Concello de Lugo para a parroquia de Conturiz conta cun proxecto para dar servizo de auga a un grupo de varias vivendas, quedando fora do mesmo un total de 12 vivendas sitas na pista de Riba de Muro (Santo André) e no Camiño de San Amaro, e tres  vivendas que se atopan na contorna da fonte de Conturiz. Esta obra sería sinxela de acometer xa que estamos a falar dun total de 350 metros de canalización.

 

Por outra banda, no lugar de Cardoso a cometida de auga se atopa na entrada do pobo, polo que se podería dar servizo a un total de seis vivendas que agora mesmo non o teñen, neste caso habería que realizar unha obra para instalar 200 metros de tubaxe cos enganches necesarios para dar servizo ás seis vivendas, e aproveitando que hai que levantar a pista deberíamos aproveitar para realizar o saneamento deste pobo que consistiría en meter unha rede dende o pobo ata a canalización que baixa de San Mamede dos Anxos, máis ou menos á altura de Barxa que se pode levar pola pista de terra existente, e non necesitaría ningún tipo de bombeo nin outro tipo de medidas, xa que ten suficiente pendente para ir por gravidade.

 

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Municipal a:

 

  1. Dar servizo de abastecemento aos veciños de Conturiz que residen na pista de Riba de Muro (Santo André), Camiño de San Amaro e as vivendas de arredor da fonte de Conturiz para deste xeito cerrar o ciclo da auga nesta zona.
  2. Dotar de saneamento e abastecemento de auga aso veciños de Cardoso, para paliar os problemas de sequía que padecen on verán e o mesmo tempo sanear este lugar.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies