Os populares amosan a súa ledicia polo apoio unánime acadado para a elaboración dun inventario de camiños rurais e dunha ordenanza que regule o seu uso ante o incremento da actividade forestal no Concello de Lugo.No Concello de Lugo hai un total de 54 parroquias que contan con numerosos camiños que comunican pequenos núcleos ou fincas e que serven para fins agrogandeiros e forestais, ofrecendo ao mesmo tempo un interese turístico e histórico.
A elaboración dun inventario que recolla estes camiños proporcionaría unha seguridade xurídica tanto o propio Concello como aos veciños porque deste xeito clarificaría a titularidade dos mesmos, identificando os que son públicos e tamén serviría para evitar a súa desaparición.
Na actualidade a rede de camiños do Concello de Lugo presenta un estado de abandono importante xa que en moitos casos levan anos sen desbrozarse e noutros non se poden percorrer por obstáculos ou usurpacións de fincas colidantes, polo que é preciso proceder ao seu inventariado.
Por outra banda, a redacción dunha ordenanza municipal para a protección da rede de camiños do rural sería moi positiva sobre todo se temos en conta o incremento da actividade forestal, desta forma o Concello de Lugo se sumaría a outros Concello da provincia que contan cunha ordenanza que recolla entre outros aspectos as obrigas dos madeireiros así como o depósito dunha fianza en función do tipo de vía que se utilice, as toneladas de madeira que se transporten, época do ano, lonxitude da pista e maquinaria empregada e outras que se estimen convenientes.
Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:
- Elaborar un inventario completo de pistas e camiños de titularidade municipal na zona rural.
- Elaborar unha ordenanza municipal que regule o uso de camiños e vías municipais en relación coas operacións forestais e similares.