InfraestruturasZona rural

O PP acada a unanimidade do pleno para dotar de abastecemento e saneamento aos veciños da rúa Miñato, Camiño das Regas e Cortiña do Monte

By 22 Febreiro, 2018No Comments

O Grupo Popular acadou o apoio de todos os grupos do pleno para aprobar a proposta relativa á dotación de auga potable e saneamento aos veciños da rúa Miñato e adyacentes.

No Pleno celebrado o 7 de outubro de 2014 o Grupo Municipal Popular presentou unha Proposición que foi aprobada por unanimidade e na que se acordou “instar ao Goberno Municipal a que deseñe e constrúa as canalizacións necesarias para dotar de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros, ás vivendas e naves industriais situadas na rúa Miñato, Camiño das Regas e Cortiña do Monte e no seu entorno máis cercano”.

Transcorridos tres anos e medio deste acordo plenario os veciños das 21 casas e 3 naves desta zona da cidade, continúan sen os servizos básicos de abastecemento domiciliario de agua potable e rede de sumidoiros, o que pon de manifesto unha vez máis a falta de xestión dos goberno socialistas que son incapaces de resolver os problemas dos veciños/as da nosa cidade.

Naqueles intres o Grupo Municipal Popular sinalaba que as obras que se solicitaban poderían realizarse dunha forma sinxela, porque se estaban a executar obras de ampliación do abastecemento de auga na cidade ralizadas por Acuanorte e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Por todo elo, o Grupo Municipal do Partido Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Instar ao Goberno Municipal a que deseñe e constrúa as canalizacións necesarias para dotar de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros, ás vivendas e naves industriais situadas na rúa Miñato, Camiño das Regas e Cortiña do Monte e no seu entorno máis cercano.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies