CulturaInfraestruturasUrbanismo

O PSOE elude as competencias propias dun goberno municipal ao votar contra a creación dun catálogo de comercios emblemáticos de Lugo

By 2 Abril, 2018No Comments

O Grupo Municipal do Partido Popular acadou a aprobación da proposta relativa á creación dun catálogo de comercios emblemáticos do casco histórico de Lugo, cos votos a favor de BNG e ACE-Eu, moción que únicamente votou en contra o PSOE, o que demostra que o equipo de Lara Méndez elude, novamente, as competencias propias dun goberno municipal.

No casco histórico están pechando numerosos negocios, algúns destes comercios son emblemáticos pola súa historia polo que é preciso adoptar medidas dirixidas a protexer a súa singularidade pola actividade que desempeñaban ou polos elementos patrimoniais existentes nos mesmos, nese senso dende o Grupo Municipal Popular entendemos que sería positivo elaborar un Catálogo de Comercios Emblemáticos no que se clasifiquen os comercios segundo as súas características, establecendo o grao de protección do espazo que ocupan, coa finalidade non soamente de preservar a súa estética, senón tamén para dar continuidade a súa actividade.

 

O PEPRI contempla a protección de elementos exteriores das fachadas, onde están instalados algúns dos comercios máis emblemáticos que existen na cidade, pero non figura, na maioría das fichas, a necesidade de conservar elementos interiores en caso de peche do negocio. De igual forma, sería interesante manter elementos dos negocios como son o mostrador, andeis ou o instrumental.

 

Estes comercios ou negocios emblemáticos que estarían incluídos no catálogo, poderían actuar como un reclamo turístico como está a suceder noutras cidades de xeografía española así como a nivel internacional.

 

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Municipal a:

 

Elaborar un Catálogo de Comercios Emblemáticos do Casco Histórico que teña por obxecto a protección e posta en valor do comercio tradicional.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies