O Grupo Municipal do Partido Popular critica que o goberno local rexeite poñer en marcha medidas para axudar aos veciños do rural, polo que deixan pasar unha oportunidade para potenciar as parroquias e facilitar o asentamento poboacional nas 54 parroquias do municipio.
A crise do Covid-19 está a facendo mella tanto no sanitario como no resto de aspectos que atañen á nosa sociedade, pero algo positivo ten a situación na que nos atopamos, esta crise é algo temporal e por iso debemos ser quen de aproveitar as poucas oportunidades que nos brinda e que serán de suma importancia para “o día despois”. O goberno municipal ten a obriga e a responsabilidade de tomar as medidas axeitadas non só para minimizar os danos ocasionados, senon para aproveitar e potenciar todo aquelo que poda supoñer unha oportunidade para a nosa cidade.
O rural do noso concello segue a ser o gran esquecido do equipo de goberno, estamos ante unha gran oportunidade para facilitar o asentamento poboacional nas 54 parroquias do municipio e para axudar a potenciar as explotacións agrícolas e gandeiras .
O confinamento puxo en valor as vivendas do rural. Durante este tempo aqueles que pudieron desplazáronse ás aldeas, pero todo nos fai pensar que esto pode ser unha situación recurrente no tempo e que estes períodos de illamento pódense repetir, por iso é responsabilidade do equipo de goberno aproveitar esta situación para favorecer o asentamento poboacional nestas zonas.
O rural non ten porque ser somentes un lugar de escapada, o noso rural ten moitas vantaxes, está moi preto da cidade, e cun bó plan de reactivación tería un bó acceso ás novas tecnoloxías e a novas estratexias tanto produtivas como comerciais, por elo non debemos perder de vista que o sector agrogandeiro é unha alternativa real para crear empleo nos xóvenes, fixar poboación e vertebrar o territorio e a situación do rural faino un lugar excelente para fixar residencia de moitos veciños, pero para acadalo faise necesario adoptar medidas.
Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular que suscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
- Levar a cabo de xeito inmediato todos os trámites necesarios para a aprobación definitiva do 5% do PXOM que está pendente de aprobación.
- Modificación das ordenanzas necesarias para fixar poboación no rural, para a mellora, rehabilitación e construcción de vivendas, bonificando o 50% a taxa de prestación de servicios urbanísticos e o imposto sobre construcións, instalación e obras (ICIO)
- Desbloquear no prazo de 3 meses as licenzas pendientes da zona rural, reforzando o servizo con medios propios ou mediante a contratación dos medios externos necesarios