CulturaProposición

O PP consegue o apoio do pleno para que se corrixan os pregos dos museos e oficinas de turismo e se pida algún título que certifique coñecementos de inglés

By 26 Xullo, 2018Sin comentarios

O PP acadou a aprobación do pleno, pese aos votos en contra do PSOE, para que se corrixan os pregos de contratación dos museos e oficinas de turismo, nos que os socialistas non esixían ningún título acreditativo de coñecementos de inglés nin se realizará ningunha proba para acreditar ditos coñecementos.

O turismo constitúe unha actividade que posibilita a difusión, o acceso e o coñecemento dos bens valorizados como patrimonio, e representa unha importante fonte de riqueza, polo que é necesario que as persoas que forman parte do sector turístico conten coas competencias necesarias para desempeñar o seu traballo, nese senso o coñecemento de idiomas é imprescindible, especialmente no contexto actual caracterizado pola globalización.

Na Xunta de Goberno Local do 4 de xullo de 2018 aprobáronse os pregos que rexerán a contratación da prestación do servizo de xestións do Centro Social e Cultural do Vello Cárcere así como os de servizo de apertura e atención o público da Oficina Municipal de Turismo, dos Centros Museográficos Municipais (Centro de Interpretación da Muralla, Museo Interactivo da Historia de Lugo, Domus dos Mosaicos, Sala de Exposicións Porta Miña e o Centro Arqueolóxico de San Roque) e o punto de información turística de verán, os cales non recollen a obrigación de acreditar os coñecementos de inglés no proceso de selección do persoal, que pensamos tería que acreditarse a través de titulacións oficiais para deste xeito ofrecer un mellor servizo aos turistas que visitan a nosa cidade.

De igual xeito os pregos que regulan o contratación do servizo de xestión do Centro Social e Cultural do Vello Cárcere, contan con diversos erros que poderían ser obxecto de recurso polos licitadores do contrato, como son as contradicións entre os pregos de cláusulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas, xa que no primeiro prego nos criterios avaliables mediante xuízo de valor no tocante as propostas de valoración se establecen ata un máximo de 12 puntos para cada eido, as propostas de dinamización cultural e da biblioteca, mentres que no prego técnico, se específica que a puntuación máxima nestes eidos será de un máximo de 6 puntos para cada un.

Por outra banda, sería positivo especificar de xeito concreto, a posibilidade de subrogación dos traballadores dentro dos propios pregos, dado que os convenios colectivos contemplan esta opción, de feito un deles, esixe que os propios pregos contemplen a devandita subrogación.

 

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde instar ao equipo de goberno a:

 

  1. Modificar os pregos que rexen a contratación do servizo e de xestión do Centro Social e Cultural do Vello Cárcere, así como o servizo de apertura e atención ao público da Oficina Municipal de Turismo dos Centros Museográficos Municipais (Centro de Interpretación da Muralla, Museo Interactivo da Historia de Lugo, Domus dos Mosaicos, Sala de Exposicións Porta Miña e o Centro Arqueolóxico de San Roque) e o punto de información turística de verán, para que recollan que o persoal que presta os seus servizos de atención ao público no marco destes contratos, acrediten o coñecemento de inglés a través dun título oficial, e que se estableza unha proba de coñecementos práctica da mesma lingua.

Valorar positivamente para a contratación o coñecemento doutros idiomas, acreditado mediante títulos oficiais.

  1. Que se corrixan os erros detectados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de prescricións técnicas particulares.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies